Casa Ipatiev: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 14:
En [[1923]], fotografías da casa valada foron diseminadas pola prensa soviética so o nome de ''O derradeiro palacio do derradeiro tsar''. En [[1927]], a casa foi designada para acoller o museo da Revolución nos [[Urais]]. Converteuse nunha escola de agricultura após ter sido en [[1938]] o Museo Anti-Relixioso. Durante este período era habitual a visita de varios grupos de visitantes á parede danada do soto a causa do asasinato da familia imperial. En [[1946]] foi adquirida polo Partido Comunista local. En [[1974]], foi nomeada o Monumento Histórico-Revolucionario. Pero, para vergonza do goberno, comezou a ser un lugar de peregrinación en memoria da familia imperial.
 
En [[1978]], coa chegada do 60 aniversario da execución, o [[Politburo]], decidiu actuar, declarando que a casa non tiña suficiente relevancia histórica e ordenou a súa demolición. O pedimento foi enviado ao xefe do partido na rexión [[Boris IeltsinEltsin]], que ordenou a demolición en xullo de [[1977]]. Nas memorias de IesltinBoris Eltsin, publicadas no [[1990]] afirma que ''tarde ou cedo sentiriámonos avergoñados desta peza de barbarismo''. Mais, a pesar da demolición, a xente continuou chegando ó lugar, a miúdo en segredo e pola noite, deixando símbolos de recordo. Coa caída da [[Unión Soviética]] a Igrexa do Sangue foi erixida no lugar. Agora é un centro de peregrinación.
 
== Na literatura ==