Unión Soviética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Uzbequistán
Sen resumo de edición
Liña 100:
A ''Perestroika'', que comezou no [[1986]], foi concibida para introducir un novo dinamismo na economía soviética, que pasaba por serios problemas. Para que os sectores económicos do país tivesen unha expansión cualitativa e cuantitativa, foron introducidos mecanismos para estimular a libre concorrencia (e acabar co monopolio estatal), desenvolver sectores secundarios de produción (bens de consumo e servizos non-esenciais) a través da iniciativa privada e descentralizar as operacións empresariais. No campo, foi estimulada a creación de cooperativas por grupos familiares e arrendamento de terras estatais. A proposta tamén foi incentivar empresas estranxeiras a actuaren no país.
 
Na área política e social, a ''Glasnost'' pretendeu colocar novos paradigmas no modo de vida soviético. Para que a Unión Soviética tivese un desenvolvemento forte, era necesario colocar unha nova mentalidade en todos os segmentos da sociedade. Así, a proposta foi de acabar coa burocracia política, combater a corrupción e introducir a democracia en todos os niveis de participación política. A glasnost tamén liberou disidentes políticos e permitiu a liberdade de prensa e expresión. Gorbachev enfrontouse a grandes resistencias da oligarquía e dos burócratas do partido (os ''apparatchiks'') e acabou sendo destituído cando as repúblicas, lideradas por [[Rusia]] xa entón dirixida por un antigo ''apparatchik'' de nome [[Boris YeltsinEltsin]], se rebelaron contra o goberno central, decretando a fin da URSS.
 
== Repúblicas Soviéticas ==