Diferenzas entre revisións de «Cultura castrexa»

sen resumo de edición
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
A '''cultura castrexa''' foi un conxunto de manifestacións culturais do noroeste da [[Península Ibérica]] que durou desde finais da [[Idade do Bronce]] (século IX ou VIII a.C.) ata o século I d.C. A súa característica máis notábel son os poboados amurados coñecidos como [[castro (poboado)|castros]] (do latín ''castrum'', campamento), dos que toma o nome; só reciben o nome de [[citania]]s determinados castros portugueses (como, por exemplo, o de Briteiros), onde esa palabra se emprega como topónimo do castro. A súa área de extensión chega ata os ríos [[Río Navia|Navia]] e [[Río Túa|Túa]] polo leste e o [[Río Douro|Douro]] polo sur.
 
Desenvolveuse durante a [[Idade do Ferro]] sobre un forte substrato indíxena da etapa final da Idade do Bronce. A esta compoñente precastrexa sumáronselle influencias culturais centroeuropeas, atlánticas e mediterráneas; as primeiras serían consideradas tradicionalmente [[celtas]] e de aí a identificación tanto culta como popular e mítica que deu raíz ao [[celtismo]]. No lento período formativo, que duraría ata o século V a.C. os castros fóronse estendendo de sur a norte e da costa cara oao interior. Esta cultura desenvolveuse a continuación durante dous séculos e comezou a ser influenciada pola cultura [[Imperio romano|romana]] no século II a.C. e continuou na forma de [[Gallaecia|Cultura Galaico-romana]] despois da [[Romanización de Galicia|invasión romana]] e ata os séculos III ou mesmo o IV d.C.
 
== Fases ==
 
== Inicios dos estudos da cultura castrexa ==
O estudo e investigación da cultura castrexa conta con máis de cen anos de evolución. O iniciador foi [[Martins Sarmento]] a finais do [[século XIX]]. O seu labor foi continuado pola [[Sociedade Martins Sarmento]] e posteriormente por [[José Leite de Vasconcelos]] e máis omailo seu museumuseo, o ''Instituto de Antropologia Mendes Corrêa'' e a ''Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia'' que é quen establece as primeiras comunicacións cos arqueólogos galegos entre os que destacaba [[Florentino López Cuevillas]]<ref>Armando Coelho Ferreira da Silva. A Cultura Castreja no Noroeste de Portugal: Habitat e Cronologias. Porto: Faculdade de Letras da Universidade do Porto, 1983-1984. Separata da revista Portugália, nova série, vol. IV/V (Actas do Colóquio Inter-Universitário de Arqueologia do Noroeste)</ref>
 
{{Pobos prerromanos de Gallaecia}}
2.518

edicións