Lucio Urtubia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
táboa de biografía
Elisardojm (conversa | contribucións)
descubriu
Liña 18:
Lucio Urtubia naceu en Cascante nunha familia moi pobre de 5 irmáns, dentro da Navarra [[Carlismo|carlista]]. O seu pai entrou no cárcere por carlista e saíu convertido en comunista. Con 19 anos Lucio oíu da súa boca por vez primeira vez a palabra que marcaría a súa vida: "Si pudiera volver a empezar, sería anarquista".
 
Reclutado para o servizo militar, axiña descubríudescubriu a facilidade para realizar contrabando na fronteira hispano-francesa. Máis tarde, con outros compañeiros do servizo, desvalixou un almacén da compañía onde prestaba o servizo militar. Ó ser descuberto, desertou e fuxiu a [[Francia]] en 1954, xa que os delictos cometidos podían levar aparellada a [[pena de morte]].
 
En [[París]] comezou a traballar de [[albanel]], oficio que o acompañou toda a súa vida. Comezou a relacionarse coas Mocidades Libertarias da [[Fédération Anarchiste]], radicada en Paris, en principio para aprender o idioma, pero máis tarde plenamente convencido polas relacións que alí iniciou, que incluían entre outros a [[André Breton]] e a [[Albert Camus]].