Pipino o Breve: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10:
 
Á morte de [[Carlos Martel]] repartiu, á usanza da época, os seus títulos entre os seus dous fillos, [[Carlomán I|Carlomán]] herdou o cargo de mordomo, semellante ao cargo de Xefe de Goberno ou Primeiro Ministro, do palacio de Austrasia e [[Pipino o Breve|Pipino]], o do palacio de Neustria.
[[Ficheiro:Pépin_the_younger.jpg|miniatura|dereita|250px|Pintura do século XIX representando Pipino o Breve. ]]
É o período da decadencia da dinastía merovinxia, cando os novos "reis folgazáns" non teñen xa autoridade ningunha e os mordomos de palacio son os verdadeiros gobernantes do Estado. Carlomán e Pipino repártense entón o poder do reino franco, que gobernarán entre os dous, loitando, en primeiro lugar, por devolveren a estabilidade ás fronteiras do reino.
 
Liña 33:
O cisma de [[Bizancio]] obrigou ao Papado a aliarse co rei dos francos. O novo Papa, [[Estevo III, Papa|Estevo III]] (sucesor de Zacarías, morto en [[752]]) pide axuda militar para loitar contra os [[longobardos]] e o seu rei [[Aistolfo]] (ou ''Astolf''), que ameazan a Roma. Se o Papa Estevo se decide a atravesar os [[Alpes]] para solicitar a axuda do rei dos francos (é a primeira vez que un Papa emprende semellante viaxe), é porque non ten outra elección. O protector habitual da Igrexa é o Emperador bizantino que goberna en [[Constantinopla]] baixo o Imperio romano de [[Oriente]], pero este atópase en precarias condicións e non ten posibilidade de concorrer en auxilio do papado.
 
O [[6 de xaneiro]], no palacio de Ponthion, no sur de [[Champaña-Ardenas|Champaña]], o rei Pipino inclínase perante o Papa Estevo III e, con suma deferencia, toma a brida do seu cabalo, reproducindo o mesmo xesto elegante do emperador [[Constantino I o Grande]] perante o Papa [[Silvestre I, Papa|Silvestre I]]. Foi un acto político moi hábil. Estevo III proponlle a Pipino unha alianza asegurándolle unha segunda consagración, realizada por el mesmo, a "graza divina" para o rei dos francos e para os seus fillos. O acordo definitivo páctase o [[14 de abril]] en [[Quierzy-sur-Oise]], no norte de [[París]], é a coñecida como ''[[Promissio Carisiaca]]'' ou [[Tratado de Quierzy]]. Mentres que o Papa aportaproporciona o seu apoio espiritual a Pipino, este último comprométese a ofrecer á [[Santa Sé]] un dominio o suficientemente grande como para que poida preservase de toda agresión.
 
O domingo [[28 de xullo]] de [[754]], na basílica de Saint Dennis, o Papa Estevo III consagra a Pipino e confírelle os títulos de Rei dos Francos e Patricio dos romanos (''Patricius Romanorum''). Os fillos e herdeiros de Pipino, Carlomán e Carlos, tamén son consagrados na mesma cerimonia, ao igual que a súa nai Berta. O Papa establece, por medio deste acto, un estreito lazo de continuidade entre a unción realizada aos reis do [[Antigo Testamento]] e os reis da nova dinastía. Esta consagración pon fin, oficialmente, á dinastía merovinxia e legaliza a chegada dos [[Carolinxios]] ao poder.