Río Xallas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18:
Algúns dos seus afluentes son: O Bazar, Castiñeira, A Regueira, Mira, Esternande, Ancha, Dornas, Guisande ou Vilar García.
 
O caudal do Xallas mantense constante por causa dos numerosos [[encoro]]s que nel se teñen construído. En [[1897]], a Sociedade Española de [[carburo metálico|Carburos Metálicos]], hoxe parte do grupo [[FerroAtlántica]], asentouse na zona e daquela datan as primeiras construcións para obter enerxía. O encoro máis importante é o de Fervenza, construído na década dos anos 60 do [[século XX]]. En [[Ponte Olveira]] hai outra central. Máis abaixo, da presa de [[Brazal]] parten as canalizacións cara a Ézaro; máis abaixo, atópase o [[encoro de Santa Uxía]], construído na década dos anos 80. Na súa desembocadura están situadas tres [[central hidroeléctrica|centrais hidroeléctricas]]: Castrelo, Santa Uxía e Pindo, esta última de principios do século XX.
 
== Aforamentos ==
Augas de Galicia dispón de 2 estacións para medida de aforamentos. As devanditas estacións, denominadas Xallas 1 (n.º 512) e Xallas 2 (n.º 514), sitúanse na ponte de Truebe, no municipio de Santa Comba, e na ponte Olveira, no municipio de Mazaricos, respectivamente. Entre ámbalas dúas estacións atópase o encoro de Fervenza. Segundo datos publicados por Augas de Galicia, no ano hidrolóxico [[2009]]-[[2010]], o caudal medio diario oscilou entre 0,48 e 96,81 m³/s, en Xallas 1, e entre 4,11 e 188,34 m³/s, en Xallas 2.
 
== Encoro ==
Na canle do río existen catro encoros, que, segundo o seu curso, son Fervenza, ponte Olveira, Castrelo e Santa Uxía. Todos eles teñen aproveitamento hidroeléctrico e para usos industriais, e o de Santa Uxía para abastecemento urbano.
 
En 1897, a Sociedade Española de Carburos Metálicos, hoxe parte do grupo Ferroatlántica, asentouse na zona e de entón datan as primeiras construcións para obter enerxía. O encoro máis importante é o de Fervenza, construído na década de 1960. En ponte Olveira hai outra central. Máis abaixo, da presa de Brazal parten as canalizacións cara á ría de Ézaro; máis abaixo, encóntrase o encoro de Santa Uxía, construído na década de 1980. O Xallas atravesa o [[Monte  Pindo|Monte Pindo]] e precipítase nunha caída practicamente libre coñecida coma [[fervenza do Ézaro]], de algo máis de 100 metros, á [[ría de Corcubión|ría de Concurbión]] fronte ao [[cabo Finisterre]] no [[océano Atlántico]]. Na súa desembocadura están situadas tres centrais hidroeléctricas: Castrelo, Santa Uxía e Pindo, esta última de principios do [[século XX]].
 
A construción do encoro de Fervenza supuxo, segundo o informe Concas Internas de Galicia Costa de Greenpeace España, un punto negro por destrución da paisaxe ao manter seca a fervenza de [[O Ézaro|Ézaro]]. Segundo o devandito informe, a central non respecta sequera o caudal ecolóxico considerado no Plan Hidrolóxico de Galicia Costa e dende 2000, a fervenza só se pode observar os domingos de 12:00 a 13:30, grazas aos grupos locais que piden a demolición do encoro.
 
== Galería de imaxes ==