Juan de Mariana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito ligazón a Castela-Castilla
Liña 37:
A súa obra principal son as ''Historiae de rebus Hispaniae libri XX'' (Toleti, typis P. Roderici, 1592). Unha edición posterior máis avanzada do propio recompilador é ''De rebus Hispaniae libri XXX'', que se publicou en Maguncia en 1605. Durante este tempo o autor vertera a edición latina ao castelán, e esta apareceu completa en Toledo en 1601, contendo os trinta libros da edición latina. A obra esténdese desde a máis remota antigüidade até a época dos [[Reis Católicos]].
 
Xoán de Mariana foi un historiador obsesionado coa verdade e que apurou a crítica dos cronicóns anteriores até onde era posíbel no seu tempo. Aínda que escribe no latín moderno internacional da época, a raíz do seu pensamento é ''patriótica'', pois pretende expoñer a grandeza do seu país narrando conxuntamente os feitos de todos os reinos hispánicos, pero en torno á súa nación, [[Castela - Castilla|Castela]].
 
A obra estableceu o modelo de prosa historiográfica (''española'') para os séculos seguintes, subraiando vigorosamente todo o que pode cativar e atraer a atención do lector; coida especialmente as descricións dos lugares onde acaecen os feitos e o patetismo nas arengas e epístolas, así como as consideracións sobre as veleidades da fortuna, tomando por modelos a [[Tito Livio]], [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] e [[Tucídides]]. En España foi unha obra moitas veces reimpresa e durante cerca de dous séculos foi a obra histórica máis lida na Península. No resto de Europa a obra foi lida sobre todo en [[Alemaña]] e bastante menos noutros países. Foi traducida ao inglés en 1699 por [[John Stevens]].