Señorío de Biscaia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito ligazón a Castela-Castilla
Elisardojm (conversa | contribucións)
+imaxes
Liña 1:
 
[[Ficheiro:Escudo histórico de Vizcaya s XV a XIX.svg|miniatura|Escudo do Señorío de Biscaia.]]
O '''Señorío de Biscaia''' foi unha forma de organización política que se mantivo na actual [[provincia de Biscaia]] ata o ano [[1876]] que foron derrogados os foros. Dependente de [[Castela]] pero con lexislación e goberno propios, o Señorío de Biscaia mantivo a organización tradicional que viña rexendo nesa terra brindando aos seus cidadáns un status propio e uns privilexios que lles facían diferentes do resto das posesións do [[Coroa de Castela|reino de Castela]].
 
==A lenda==
[[Ficheiro:TorreZamudio.JPG|miniatura|Torre na [[anteiglesia]] de [[Zamudio]].]]
 
O ano [[840]] tropas asturleonesas do rei [[Afonso II de Asturias|Afonso II]] ao mando do seu irmán o infante Ordoño reclaman a [[Biscaia]] os impostos non pagos (un boi, unha vaca e un cabalo branco). Os biscaíños néganse e enfróntanse na [[Batalla de Padura|batalla de Padura]] ou Busturia, onde vencen e perseguen as tropas vencidas na súa fuxida ata o "arbol gafo" ou "arbol malato" situado en Luyando, Alava, límite naqueles de Biscaia. Onde deixan cravada unha espada. Desde entón Padura ou Busturia pasa a chamarse [[Arrigorriaga]] (pedras encarnadas) debido a que pola crueza da batalla todas as pedras acabaron tinguidas de sangue. O propio infante Ordoño morreu nesa batalla e a súa tumba atópase na igrexa de Santa María Magdalena, en Arrigorriaga. Na loita destaca pola súa bravura entre os biscaíños o mozo nobre Lope Fortún, de [[Mundaca]], fillo dunha princesa escocesa e dun nobre de mundaca chamado o culebro, Sugaar. Logo da batalla, os biscaíños aclaman este nobre, e en [[888]] noméano o seu Señor, sendo o primeiro Señor de Biscaia baixo o nome de Señor Branco ([[Jaun Zuria]]) debido a que era louro e de pel moi clara.