Señorío de Biscaia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito ligazón a Castela-Castilla
Liña 1:
O '''Señorío de Biscaia''' foi unha forma de organización política que se mantivo na actual [[provincia de Biscaia]] ata o ano [[1876]] que foron derrogados os foros. Dependente de [[Castela - Castilla|Castela]] pero con lexislación e goberno propios, o Señorío de Biscaia mantivo a organización tradicional que viña rexendo nesa terra brindando aos seus cidadáns un status propio e uns privilexios que lles facían diferentes do resto das posesións do [[Coroa de Castela|reino de Castela]].
 
==A lenda==
Liña 9:
Tras a anexión do [[condado de Castela]] por [[Sancho III de Navarra]] (1029), Biscaia é gobernada por señores nomeados polos reis navarros.
 
O ano [[1040]], [[Íñigo López, señor de Biscaia|Iñigo López Ezquerra]], señor navarro, gobernaba a Biscaia nuclear (sen as [[Encartaciones]] nin o [[Duranguesado]]). Nos enfrontamentos entre [[Castela - Castilla|Castela]] e [[Navarra]], declárase vasalo do rei de Castela, entregándolle Biscaia. En agradecemento é nomeado primeiro Señor de Biscaia, título outorgado con carácter hereditario.
 
O título é herdado polos seus descendentes ata que, por herdanza materna, en [[1370]] recae no Infante don [[Xoán de Castela]], que herda do seu pai o reino de Castela, como Xoán I, permanecendo desde entón ligado á coroa, primeiro á de Castela e logo, desde [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos I]], co título de [[España]] {{cómpre referencia}}, sempre coa condición de que o Señor de quenda xurase defender e manter os foros do señorío (leis propias biscaíñas) que no seu texto afirmaban que os biscaíños, polo menos en teoría, podían desobedecer o Señor que así non o fixese.