Vitoria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito ligazón a Castela-Castilla
Liña 47:
As edificacións da cidade foron recibindo os diferentes estilos arquitectónicos: [[arquitectura gótica|gótico]], [[renacemento]], [[barroco]], [[neoclasicismo]] e [[romanticismo]]. A planificación foi unha constante no seu devir histórico, desde o seu primeiro ensanche medieval a comezos do século XIII, ata os seus modernos barrios e parques periféricos. o seu casco vello mantén íntegro o trazado gótico e as súas rúas elípticas e estreitas, con empinados cantóns e antigos e recobrados pazos.
 
Vitoria foi refundada polo rei navarro [[Sancho VI de Navarra|Sancho VI]] a partir da cidade fundada no 581 por [[Leovixildo]] para celebrar a vitoria [[visigodo|visigoda]] sobre os vascóns. Pasou a depender de [[Castela - Castilla|Castela]] en 1200, converténdose nunha das prazas comerciais máis importantes do País Vasco durante séculos. O trazado da améndoa urbana foi deseñado entre os séculos XII e XIV. Os nomes das rúas conservan os das actividades [[gremio|gremiais]] daquela época: Coitelaría, Zapatería, Ferrería, Pintorería... O [[renacemento]] tamén deixou pegada na cidade en forma de elegantes pazos construídos por familias nobiliarias.
 
Fóra do casco medieval existen outros espazos emblemáticos, como a Praza de España e os Arquillos, do neoclasicismo. Foron ideados polo arquitecto local [[Justo Antonio de Olaguíbel]] para salvar o forte desnivel que separaba a antiga cidade da zona cara a que se estendeu no século XVIII.
Liña 195:
== Urbanismo ==
[[Ficheiro:Panorámica Vitoria-Gasteiz.jpg|miniatura|centro|800px|Vista panorámica da cidade desde [[Olárizu]], no [[2007]]]]
Desde o punto de vista urbanístico Vitoria é unha cidade de tamaño medio, cun trazado adaptado ás tradicións de cada momento histórico. O casco medieval desenvólvese en forma de améndoa en torno ó outeiro fundacional, que pola súa situación privilexiada como única elevación na planicie alavesa, converteuse nun bastión defensivo cobizado polos reinos de [[Navarra]] e [[Castela - Castilla|Castela]] durante os séculos XI e XII. O recinto amurallado é anterior a esta guerra entre navarros e casteláns, e débese á labor emprendida polo [[Conde de Álava]], fillo bastardo do rei [[Ramiro I de Aragón]], no século XI, para a defensa da aldea. Os muros defensivos da vella Gasteiz foron construídos entre 1050 e 1100. Debido a esa primeira función defensiva, as súas rúas estreitas e sombrías rodean o óvalo orixinario, en compactas ringleiras de vivendas paralelas entre si e con respecto ás murallas medievais (das que só se conservan algúns tramos e portóns). Entre 1854 e 1856 tivo lugar unha epidemia de [[cólera]] que mudou a fisionomía da cidade. Derribáronse os portais, que eran casas fortes, que daban acceso ás rúas Correría (casa forte dos Nanclares), Zapatería (casa forte dos Soto) e Ferrería (casa forte dos Abendaño) e que servían para protexer a cada gremio barrial. Á entrada da actual praza da Virxe Branca encontrábase o portal de Santa Clara, que estaba unido pola muralla ó [[Convento de San Antonio de Vitoria|Convento de San Antonio]]. No século XIX, e ante a evidencia de que a cidade estaba a quedarse pequena, planificouse un ensanche en estilo [[neoclásico]], e pouco a pouco a planificación da cidade foi dando a Vitoria a súa forma actual.
 
A améndoa medieval, como adoita ser coñecida, conta con multitude de xoias arquitectónicas, como o [[Pazo de Bendaña]], sede do Museo Fournier de naipes (erixido en 1525 por [[Juan López de Arrieta]] no solar ocupado antes pola torre defensiva erixida polos Maeztu). O Pazo Escoriaza-Esquivel, do século XV, construído por [[Claudio de Arziniega]]. O Pazo de Vila Suso, do século XVI, no que habitou [[Martín de Salinas]], embaixador de [[Carlos I de España|Carlos I]]. Pero o maior tesouro medieval de Vitoria é a [[Catedral de Santa María de Vitoria|Catedral Vella de Santa María]].