Abel Paz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Dodro (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: Artesa de Lleida
Liña 7:
Fillo dunha familia de xornaleiros do campo, condición que lle fixo aproximarse a ideoloxías [[anarquismo|anarquistas]] ó observar as diferencias de clases entre obreiros e burgueses na súa infancia e mocidade. Entrou a formar parte das [[Federación Ibérica de Juventudes Libertarias]] e a [[Confederación Nacional do Traballo]].
 
Trasladouse a [[Barcelona]] con oito anos, estudando na escola nocturna de Clot. En [[1936]] loitou nos grupos de defensa confederais de Clot e participou no grupo ''Los Quijotes del Ideal''. En [[1938]] combateu coas [[milicias confederais]] na fronte de [[Artesa de Lleida|Artesa]] ([[Provincia de Lleida|Lleida]]) refuxiándose en [[Tolosa, Francia|Tolosa]] ([[Francia]]) en [[1939]] ó caer a [[Segunda República Española|república]], sendo internado nos [[campo de internamento|campos de concentración]] de [[Bram]], [[Saint Cyprien]], [[Argèles]] e [[Barcarés]]. Ata [[1941]] traballou como prisioneiro no muro do [[Atlántico]] para o [[nazismo|Partido Nacionalsocialista]].
 
Regresou á [[España]] [[franquismo|franquista]] e foi encarcerado dúas veces. Logo volveu a Francia, e non regresou a España ata [[1977]] establecéndose definitivamente no [[Distrito de Gràcia|barrio de Gràcia]] en Barcelona.