Diferenzas entre revisións de «Irmandiños»

quito ligazón a Castela-Castilla
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
(quito ligazón a Castela-Castilla)
A '''Irmandade Fusquenlla''' formouse no ano [[1431]] nas terras do señor de Andrade, pola extrema dureza coa que [[Nuno Freire de Andrade, o Mao]], trataba aos seus vasalos, empeorada con motivo da visita do infante Henrique de Aragón a Galicia para o que botou man dun tributo especial. A revolta iniciouse nas comarcas de [[Pontedeume]] e [[Betanzos]] e chegou a espallarse por [[Lugo]] e [[Mondoñedo]] e a derrubar algunha fortaleza nobiliar, como o [[Castelo de Andrade|castelo dos Andrade]] na vila de [[Pontedeume]].
 
As disensións internas fixeron que a revolta fracasase ante as tropas dos Andrade, o rei de [[Castela - Castilla|Castela]] e o arcebispo de [[Santiago de Compostela|Santiago]]. [[Roi Xordo]], un fidalgo da Coruña, dirixiu as tropas da Irmandade Fusquenlla e morreu na represión posterior á desfeita irmandiña.
 
== Gran Guerra Irmandiña ==
O auxe do movemento irmandiño foi posible pola existencia do que o estudoso do período Carlos Barros chama "mentalidade xusticeira e antiseñorial" da sociedade galega baixomedieval, que rexeitaba as inxustizas cometidas polos señores, considerados popularmente como uns “malfeitores”.
 
Os inimigos dos irmandiños foron fundamentalmente nobres laicos, donos de castelos e fortalezas, encomendeiros das principais [[Igrexa (arquitectura)|igrexas]] e [[mosteiro]]s. Os irmandiños destruíron arredor de 130 [[castelo (fortificación)|castelos]] e fortalezas nos dous anos de guerra irmandiña. As liñaxes dos Lemos, Andrade e Moscoso foron o branco preferido dos irmandiños. Os irmandiños, por contra, non atacaron os eclesiásticos. Nun primeiro momento parte da nobreza obxecto da ira irmandiña fuxiu cara [[Portugal]] ou [[Castela - Castilla|Castela]].
 
[[Ficheiro:Hakenbuechse.png|miniatura|350px|esquerda|Os soldados de Pedro Álvarez usaban [[arcabuz|arcabuces]] na [[Segunda Guerra irmandiña]]. O da imaxe é de [[1425]]]]
99.700

edicións