Venecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito ligazón a Castela-Castilla
Liña 100:
Algúns estudos recentes suxiren que a cidade xa non se vai afundir máis, pero non se sabe con absoluta certeza, polo que o estado de alerta non foi aínda revogado. En maio de [[2003]], o primeiro ministro italiano [[Silvio Berlusconi]] inaugurou o "proxecto MOSE" (''Modulo Sperimentale Elettromeccanico''), un modelo experimental para avaliar o rendemento dunhas barreiras inchables. A idea é estabelecer unha serie de 79 pontóns enchibles a través do leito do mar nas tres entradas á lagoa. Cando a marea estea previsto que suba por riba de 110 centímetros, os pontóns encheríanse de aire e bloquearían a entrada de auga dende o [[Mar Adriático]]. Esta obra de enxeñaría espérase que estea rematada ao longo do ano [[2011]].
 
En [[1604]], para sufragar o custo de mitigar as inundacións, de Venecia introduciu o que podería considerarse o primeiro exemplo do que se converteu posteriormente no "imposto de timbre". Con todo, como os ingresos non acadaron as expectativas, en [[1608]] introduciuse papel co sobrescrito "AQ" e instrucións impresas para utilizarse para "cartas a funcionarios". Nun principio este ía ser un imposto temporal, porén mantívose en vigor até a caída da República en [[1797]]. Pouco despois da introdución do imposto, [[Castela - Castilla|Castela]] produciría papel similar para fins fiscais máis xerais e a práctica estendeuse a outras rexións.
 
=== Clima ===