Idade Media: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{Ver artigo principal}} por {{Artigo principal}}
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 24:
</table>
 
A '''Idade Media''' foi un período intermedio nunha división esquemática da [[Historia de Europa]] en catro "eras", a saber: a [[Idade Antiga]], a ''Idade Media'', a [[Idade Moderna]] e a [[Idade Contemporánea]]. Normalmente considérase a súa extensión entre o fin do [[Decadencia do Imperio Romano|Imperio Romano do Occidente]], no século V (476 d.C.), ata a ascensión das [[monarquía]]s nacionais e o inicio da recuperación demográfica e económica despois da [[Peste negra]], os [[Era dos descubrimentos|Descubrimentos Marítimos]] e mais omailo [[Renacemento]] da cultura clásica, por volta do [[século XV]], ben como a [[Reforma Protestante]], comezando en [[1517]]. Algúns historiadores consideran a [[caída de Constantinopla]], tomada polos [[Turquía|turcos]] en [[1453]], como o marco do fin dese período.
 
A Idade Media é subdividida en tres períodos:
Liña 43:
 
Facer unha apreciación clara da Idade Media é complexo: este tipo de avaliación pode tornarse altamente política, pasando a depender moito de susceptibilidades relixiosas. Os católicos acostuman tendenciosamente a ser máis favorables á Idade Media, xa que se identifican coa tradición histórica da relixión cristiá dese tempo. Os protestantes, polo contrario, ven a Idade Media como un período de tebras e dan máis valor á [[Reforma Protestante]], que modificou profundamente a práctica relixiosa na Europa (norte) occidental.
 
== Demografía ==
Até a [[Revolución industrial]], a poboación europea viviu nun precario equilibrio cos recursos alimentarios; así, calquera aumento demográfico que non se correspondese cun incremento das posibilidades agrarias derivaba nunha desnutrición que deixaba sen defensas o corpo humano e vulnerábel ante calquera ataque [[epidemia|epidémico]]. Isto foi constante durante a Idade Media, a excepción do período que vai do [[século XI]] ao [[Século XIII|XIII]], durante o cal asistiuse a unha expansión demográfica sostida. O aumento de poboación a partir do ano [[1000]] foi favorecido por certo interese dos señores a conceder terras para cultivar, de forma que se aumentasen as súas rendas, e á talla dos bosques que comportou a ruptura de novas terras, e polo tanto da produción agrícola. Outros factores que posibilitaron o aumento demográfico foron a mellora climática, que grazas a un pluviometría favorable, fixo máis abondosas as colleitas, o paro das grandes migracións que asolaran Europa ([[Pobos xermánicos|xermánicos]], [[Maxiar|maxiares]], [[normandos]], etc.).
 
A finais do século XIII, a expansión agraria parouse dun golpe logrando o límite ecolóxico (as novas terras eran máis más, o ritmo de produción pola carencia de adobos estabilizárase, a carencia de bosques fixo entrar en crise a gandaría nun momento que era importante polo adobo dos campos deixados ao barbeito). Todo iso incidiu nun aumento dos prezos, agravado por unha serie de malas colleitas que causaron a fame (especialmente virulenta foi a dos anos 1315 a 1317). E para acabar de adobar o, durante os anos [[1348]]-[[1349]], estendeuse a peste negra, enfermidade terriblemente contaxiosa. A peste foi a máis extensa das enfermidades que iniciaron toda unha serie de "maos anos" que paralizaron o crecemento de moitas cidades e vilas rurais. A pesar da recesión, moitas cidades ([[París]], [[Florencia]], [[Xénova]]...) creceron en extensión durante os [[século XIV|séculos XIV]] e [[Século XV|XV]] e as perdas humanas debidas ás epidemias recuperáronse rapidamente. Polo tanto, a crise urbana foi unha crise de adaptación e de crecemento.
 
== Arte ==
Liña 70 ⟶ 75:
[[Ficheiro:Maciejowski Tower of Babel.jpg|miniatura|dereita|O período de [[1100]] a [[1300]] xa foi chamado de ''[[Revolución Industrial da Idade Media]]''.]]
 
Causaban espanto e admiración innovacións como os grandes [[reloxo]]s mecánicos que transformaron a noción de tempo nas cidades. Presenciáronse descubrimentos como os dos [[lentes]], en 1285, e do [[Imprenta|imprenta móbil]], en [[1448]]. Houbo tamén moitas innovacións na forma de utilizar os medios de produción, coas técnicas de cerrallaría e incisión de pedras, a [[Ferro fundido|fundición de ferro]], e os avances nas técnicas de construción aplicadas ao [[Arquitectura gótica|estilo gótico]]. No sector [[agricultura|agrícola]], temos o desenvolvemento de ferramentas, melloras en carruaxes, arreos para animais de carga, e a utilización de [[muíño|muíños de auga]] Avances en instrumentos como o [[Compás (navegación)|compás]] e mais omailo [[astrolabio]], na confección de [[mapa]]s e as [[Carabela (embarcación)|carabelas]] fixeron posible a expansión marítimo-comercial europea na [[Idade Moderna]].
 
=== O legado medieval para o progreso científico ===
A tecnoloxía das grandes navegacións permitirá en séculos futuros o descubrimento dun número extraordinario de novas especies de animais e plantas, alén de novas formacións xeolóxicas e climáticas. Os avances obtidos na [[óptica]] xerarían despois aparellos como o [[microscopio]] e mais omailo [[telescopio]], que, xuntamente coa imprenta (outro froito medieval), son vistos como os equipamentos máis importantes xa creados para o avance do coñecemento humano. Mais a herdanza máis importante do período talvez teña sido o nacemento e multiplicación das universidades, xuntamente co xurdimento das primeiras sementes da [[método científico|metodoloxía científica]] contemporánea.
 
== Guerra e armamento ==