París: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite book
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 39:
A rexión de París ([[Illa de Francia]]) é, xunto con Londres, o centro económico máis importante de Europa.<ref>{{cita web |url= http://www.eleconomista.es/mercados-cotizaciones/noticias/401186/03/08/Economia-Macro-Madrid-puede-convertirse-en-la-metropoli-mas-importante-de-Europa-tras-Paris-y-Londres-segun-la-OCDE.html |título= Madrid puede convertirse en la metrópoli más importante de Europa tras París y Londres |dataacceso=2 de marzo de 2009 |obra= El Economista |idioma= castelán}}</ref> Con 500,8 mil millóns de [[euro]]s (630 mil millóns de [[Dólar estadounidense|dólares]]), produciu unha cuarta parte do Produto Interior Bruto (PIB) de Francia no 2006. [[La Défense]] é o primeiro barrio de negocios de Europa,<ref name="Defense">{{cita web |url= http://www.viamichelin.es/viamichelin/esp/tpl/mag5/art20070115/htm/tourisme-defense-2015.htm |urltrad= |título= Défense 2015 |dataacceso=2 de marzo de 2009 |obra= ViaMichelin |idioma= castelán}}</ref> alberga a sede social de case a metade das ''grandes empresas francesas'', así como a sede de vinte das 100 máis grandes do mundo. París tamén acolle ou acolleu a moitas [[organizacións internacionais]] como a [[Unesco]], a [[OCDE]], a [[Corte Penal Internacional]] e o [[Club de París]].
 
A cidade é o destino [[Turismo|turístico]] máis popular do mundo, con máis de 26 millóns de visitantes estranxeiros por ano.<ref name="Universal">{{cita web |url= http://www.eluniversal.com.mx/articulos/38282.html |urltrad= |título= Visitan París 26 millones de personas al año |dataacceso=24 de marzo de 2009 |obra= El Universal |idioma= castelán}}</ref> Adoita considerarse como a cidade máis fermosa, elegante e espectacular do mundo por contar con moitos dos monumentos máis famosos e admirados do orbe: a [[Torre Eiffel]], a [[Catedral de Notre-Dame de París|Catedral de Notre-Dame]], os [[Avenida dos Campos Elisios|Campos Elisios]], o [[Arco do Triunfo de París|Arco do Triunfo]], a [[Basílica do Sacré Cœur]], de d'[[Os Inválidos]], o [[Panteón de París|Panteón]], o [[Arco de La Défense]], a [[Ópera Garnier]] ou o barrio de [[Montparnasse]], entre outros. Tamén alberga institucións de recoñecemento mundial: o [[Museo do Louvre|Louvre]], o [[Museo de Orsay]] e o [[Museo Nacional de Historia Natural de Francia]].
 
== Historia ==
Liña 112:
 
=== Densidade ===
París é unha das cidades de máis de 1 millón de habitantes máis densamente poboadas do mundo occidental. A súa densidade, excluíndo os parques periféricos de Boulogne e Vincennes, era de 24.448 habitantes por km² no censo oficial de [[1999]]. Incluíndo estes dous parques era de 20.164/km², sendo a quinta comuna máis poboada de [[Francia]] despois de Le Pré-Saint-Gervais, Vincennes, Levallois-Perret, e Saint-Mandé, todastódalas comunas situadas preto dos arrabais da cidade.
 
Os distritos cunha menor densidade poboacional atópanse na parte central e occidental da cidade. Os distritos maior poboados atópanse ao norte e no leste da cidade.
Liña 121:
 
=== A aglomeración de París ===
A cidade de París é moito máis pequena que a súa área urbana e metropolitana. Actualmente, a área urbana da cidade (agglomeration) ocupa un anel de tres "départements" ou barrios - tamén coñecido como "petite couronne" (pequeno anel) - e esténdese cara a un anel exterior de catro "grande couronne départements". Estes oito départements xuntos completan a rexión de [[Illa de Francia]].
 
A [[aglomeración]] de París ou área urbana (unité urbaine) ten unha extensión de 2.723 km², sendo 26 veces maior que a propia cidade de París. Ao unirse a aglomeración urbana de París máis a súa área metropolitana (aire urbaine) forman unha extensión de 14.518 km2 ou o que é o mesmo, unha área 138 veces maior á propia cidade de París, chegando a superar as fronteiras da rexión da [[Illa de Francia]].