Diferenzas entre revisións de «Festa da pataca de Coristanco»

m (engado info e ligazóns)
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
[[Ficheiro:Carroza deseñada con patacas na Festa da Pataca de Coristanco 2005.jpg|miniatura|Carroza deseñada con patacas na Festa da Pataca de Coristanco de 2005.]]
 
A festa da exaltación deste [[tubérculo]] nace en [[19801981]], ó mesmo tempo cá Cooperativa da Pataca de Bergantiños, pola necesidade de dar a coñecer a calidade deste produto gastronómico. O nome de Coristanco está asociado dende hai anos ao cultivo da pataca. Este produto, común na [[gastronomía de Galicia]], encontra na [[comarca de Bergantiños]], e en particular na terra de Coristanco, un dos seus mellores lugares de cultivo. A conxunción da climatoloxía húmida e temperada desta parte occidental de Galicia coas condicións dos seus solos explican as características que esta zona reúne para o seu cultivo.
 
A primeira actividade festiva comeza pola mañá cos tractores engalanados con patacas. O día continúa co concurso gastronómico, degustación de patacas, exposición de maquinaria agrícola, actuacións de grupos de gaitas e danza. Á hora da comida, repártese de modo gratuíto a todas as persoas asistentes sardiñas, cachelos (patacas cocidas coa súa pel) e viño. Despois da comida continúase cos concursos: a recollida da pataca, que consiste en recoller no menor tempo posible un rego de patacas, e o baile da pataca, onde se premia a parella que consiga bailar máis tempo cunha pataca suxeita entre as súas frontes.
Usuario anónimo