Castro de Altamira, Taboexa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 16:
 
== Características ==
O [[Castro (poboado)|castro]] non ten un tamaño excesivamente grande e está moi alterado por canteiras e destruccións recentes relacionadas co uso forestal. Sen embargoPorén, os restos mobles aparecidos no mesmo teñen unha especial relevancia. As primeiras intervencións arqueolóxicas realízanse nos anos 20 do século pasado, aparecendo xa unha grande cantidade de elementos metálicos. Posteriormente téñense realizado diversas intervencións científicas de escaso calado, ó mesmo tempo que aparecían achados casuais e se producían expolios intencionados. A intervención arqueolóxica máis importante e mellor documentada é a realizada en 1976 por [[Alfredo García Alén]] e P. Acuña Fernández. Dende entón teñen aparecido outros restos, moitos deles en superficie.
 
Pese a tratarse dun sitio arqueolóxico excepcional na provincia de Pontevedra, desgraciadamente continúa sen unha xestión cultural adecuada, exposto á erosión, masa forestal incontrolada, incendios, expolios etc. Non obstante, entra dentro dos plans da [[Deputación de Pontevedra]] para unha actuación de conservación e posta en valor en varios castros da provincia <ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2013/09/09/recuperacion-castros-provincia-pendiente-aval-fomento/0003_201309P9C1997.htm Nova de prensa sobre o proxecto de recuperación de castros da Deputación de Pontevedra](en castelán)</ref>.