Luzes de Galiza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
ligazóns internas
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 10:
<blockquote>Nós medramos culturalmente nunha cidade sen apenas pontes. É esa carencia de vínculo, de referencia adulta, unha das herbas que fai da Coruña un ermo onde campan ao seu aire os cipallos provincianos e a súa cultura cascarilleira [Manuel Rivas, 1987] </blockquote>
 
Ante este problema, a súa resposta é combater a situación directamente coa publicación de ''Luzes de Galiza''. Mais, a pesar de que A Coruña cobra un gran protagonismo nesta revista, non se trata dunha iniciativa [[localismo|localista]], senón que a partir desa cidade, unha das máis [[castelánlingua castelá|castelanizadas]] de Galiza e na que primaba un maior descoñecemento da [[cultura galega]], extrapólase a estratexia de combate intelectual a toda a todo o país.
 
En canto ao carácter de ''Luzes'', trátase dunha publicación heteroxénea e aberta na que se tratan temas variados dentro do eido da cultura e do pensamento, sendo especialmente importantes o [[ensasio (literatura)|ensaio]], a [[fotografía]], a [[filosofía]], as artes plásticas, a [[arquitectura]], a literatura, a [[música]], o [[cine]] e o deseño. Por esta razón, ademais de con diversas xeracións de escritores e ensaístas, a revista contaba nas súas filas con fotógrafos como [[Xurxo Lobato]], [[Moncho Rama]], [[Chus García]], [[Xulio Correa]], [[Xan Piñón]], [[Luís Suárez Canal]], [[Xosé Abad]], [[Caruncho]], [[Delmi Álvarez]] e [[Vari Caramés]], así como con ilustradores como Luís Seoane, Alfonso Sucasas, Antón Patiño, Reimundo Patiño, Alfonso Costa, Xulio Maside, Din Matamoro, César Fernández Arias, Álvaro de la Vega, Antón Lamazares, Correa Corredoira, Xaquín Martín, Miguel Anxo Prado e Alerto Datas, encargados de converter a revista nun referente tamén artístico e gráfico. Destacan alén diso os frecuentes artigos literarios e a análises críticas da actualidade co obxectivo de renovar a prensa cultural galega desde dentro.