Carl Gustav Jung: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m de Arxentina -> da Arxentina; cambios estética
Liña 7:
Carl Jung non foi o primeiro en dedicarse ao estudo da actividade onírica. No entanto, as súas contribucións á análise dos soños foron extensivas e altamente influentes. Escribiu unha prolífica obra. Aínda que, durante a maior parte da súa vida, centrou o seu traballo na formulación de teorías psicolóxicas, e na práctica clínica, tamén realizou incursións noutros campos das humanidades: dende o estudo comparativo das relixións, a filosofía e a [[socioloxía]], até a [[crítica]] da arte e a [[literatura]].
 
== Traxectoria ==
Carl Gustav Jung naceu no seo dunha familia de ascendencia alemá e de tradición eclesiástica (o seu pai era [[pastor]] [[Luteranismo|luterano]]). De neno foi introvertido e moi solitario. Aínda que a relación cos seus proxenitores era moi próxima e afectuosa, dende cedo sentiría certa decepción polo xeito en que o seu pai abordaba o tema da fe, á que consideraba tristemente precaria. Durante a súa adolescencia e mocidade foi un lector entusiasta, especialmente cativado pola obra literaria de [[Johann Wolfgang von Goethe|Goethe]]. Tamén era profundo o seu interese polos ensaios de filósofos como [[Eduard von Hartmann|von Hartmann]] e [[Friedrich Nietzsche|Nietzsche]]. Na súa [[autobiografía]], describe o achegamento á obra deste último, ''[[Also sprach Zarathustra]]'' (''Así falou Zaratustra''), como unha experiencia conmocionante, só comparable á inspirada polo [[Fausto]] de Goethe.
 
Liña 16:
Sobre a base desta experiencia clínica, Jung deseñou a proba de asociación de palabras que leva o seu nome.<ref>Jung, Carl G. (1910). "The Association Method". ''American Journal of Psychology'', '''31''', 219-69. [http://psychclassics.yorku.ca/Jung/Association Dispoñible en liña]</ref> Xa en [[1905]], foi designado profesor de psiquiatría na Universidade de Zúric, e publicou os dous volumes dedicados ao estudo das asociacións. En [[1906]], redactou e deu a coñecer a súa obra Sobre a Psicoloxía da ''Dementia Praecox'' (en referencia ao que logo coñeceríase como [[esquizofrenia]]), e enviou unha copia do seu libro a Freud, ao que seguiu unha intensa pero conflitiva amizade entre ambos.
 
=== Relación con Freud ===
[[Ficheiro:Psychoanalitic Congress.jpg|miniatura|300px|dereita|Congreso Psicanalítico Internacional de 1911, presidido por Jung (no centro, á dereita de Freud)]]
 
A súa relación con Sigmund Freud consolidouse en [[1907]]. En [[1908]], Jung participou no primeiro Congreso de psicanálise, realizado en [[Salzburgo]]. Nesa ocasión, foi nomeado director da publicación Anuario Internacional de Investigación Psicolóxica e Psicoterapéutica (''Jahrbuch für psychoanalytische und psychopathologische Forschungen''). Ao ano seguinte, acompañou a Freud e a [[Sandor Ferenczi|Ferenczi]] na súa viaxe aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], onde realizou conferencias na [[Universidade de Clark]] en [[Worcester]], [[Massachusetts]], e recibiu un doutorado ''honoris causa''. Foi por eses días cando Freud nomeou a Jung o seu "sucesor e príncipe herdeiro". <ref>Freud, Sigmund. Carta a Jung ([[16 de abril]] de [[1909]]): ''Correspondencia S. Freud, C. G. Jung''. Madrid: Ed. Taurus, 1978.</ref>
[[Ficheiro:Jung 1910.jpg|esquerda|miniatura|233px|Fotografía pintada a man de Carl Gustav Jung en 1910, durante a súa visita a EE.UU.]]
 
Liña 29:
{{Cita|O seu alegado de que trato aos meus seguidores como pacientes é evidentemente falso.... É unha convención entre os analistas que ningún de nós débese sentir avergoñado da súa propia neurose.... Pero un [referíndose a Jung] que, mentres se comporta anormalmente, segue berrando que é normal dá sustento á sospeita de que lle falta asumir a súa enfermidade. En consecuencia, propoño que abandonemos as nosas relacións persoais enteiramente.|Sigmund Freud, 1913. <ref>Freud, Sigmund. Carta a Jung ([[3 de xaneiro]] de 1913). [http://www.loc.gov/rr/mss Manuscript Division], Library of Congress. [http://www.loc.gov/exhibits/freud/ex/131.html Dispoñible en liña] (en inglés).</ref>}}
 
=== Escalada bélica e posguerra ===
Seguidamente, en [[1914]], o psiquiatra suízo dimitiu do seu cargo na API e organizou, xunto con [[Alphonse Maeder]], as bases da chamada escola de Zúric. Logo do episodio de ruptura, Jung experimentou un período de turbulencia emocional, exacerbado polas noticias emerxentes da Gran Guerra ([[Primeira Guerra Mundial]]), que tiveron sobre el un efecto devastador, aínda cando radicase na Suíza neutral. [[Henri Ellenberger]] cualificou a experiencia de Jung como unha “enfermidade creativa” e comparouna co mesmo período para Freud, ao que definiu en termos de [[neurastenia]] e [[histeria]].
 
No curso da primeira posguerra, Jung converteuse nun viaxeiro do mundo, grazas aos copiosos fondos que obtivo polas vendas dos seus libros, honorarios e cartos percibidos por alcanzar o ''status senior'' nas institucións médicas para as que traballaba. Pouco despois, percorreu amplamente o norte de [[África]]. A mediados dos [[anos 1920]], visitou [[Novo México]], onde tomou contacto con grupos nativos (en particular, os [[indios pobo]]), e conviviu con eles procurando coñecer de preto a súa cultura. Pouco despois, partiría cara a [[Quenia]] e [[Uganda]]. Foi nesa etapa cando Jung escribiu unha das súas obras fundamentais, e probablemente a máis coñecida entre todas as súas: ''Tipos Psicolóxicos'', na que desenvolveu extensivamente a súa teoría da personalidade.
 
=== Réxime nazi e últimos anos ===
[[Ficheiro:Hall Freud Jung in front of Clark 1909.jpg|dereita|miniatura|300px|Primeira fileira:[[Sigmund Freud]], [[Stanley Hall]], Carl Gustav Jung; segunda fileira: [[Abraham Brill]], [[Ernest Jones]], [[Sandor Ferenczi]]. [[Universidade de Clark]], [[Massachusetts]], [[Estados Unidos de América]], Setembro de [[1909]]]]
En [[1930]], Jung foi nomeado presidente honorario da Asociación Alemá de Psicoterapia e, en [[1933]], profesor de psicoloxía médica na [[Universidade Politécnica Federal de Zúric]]. Tralo ascenso de [[Adolf Hitler]] ao poder, ese mesmo ano, a mencionada asociación, á que se adheriran diversos psicoterapeutas xudeus, foi disolta e absorbida por outra máis grande, de alcance internacional, con Jung presidente: a Sociedade Médica de Psicoterapia.
 
O feito de que Jung aceptase ser presidente honorario da Sociedade Médica de Psicoterapia e director da Revista de Psicoterapia (''Zentralblatt fur Psychotherapie''), ambas de presunta matriz nazi, foi utilizado como un dos argumentos ao momento de atribuírselle inclinacións pro-nazis e antisemitas. Estas acusacións ensombrecerían a súa carreira até a fin dos seus días, malia os desmentidos, dando lugar a unha discusión que aínda hoxe permanece irresoluta. <ref>Para afondar no tema e como exemplo dos puntos de vista encontrados, pode consultarse o artigo ''Os intelectuais e o poder'', [http://www.elmeollo.net/website/meollo/detalle.php?idc=11&ida=17 dispoñible en liña].</ref>
 
En [[1938]], ditou a Cátedra Terry (''Terry Lectures'') na [[Universidade Harvard]], presentando o seu traballo Psicoloxía e Relixión. Poucos meses despois, comezaría a [[Segunda Guerra Mundial]]. Foi por eses tempos cando visitou [[India]], onde renovou a súa axenda de prioridades, guiado pola convicción de que debía prestar máis atención á espiritualidade de Oriente. Os seus traballos tardíos mostran efectivamente un profundo interese na [[tradición]] oculta deste hemisferio e no [[Cristianismo]] [[Esoterismo|esotérico]] e, especialmente, na [[alquimia]].
Liña 46:
Xa en [[1903]], Jung casou con [[Emma Rauschenbach]], con quen tería cinco fillos. O matrimonio estendeuse ata a morte da súa esposa en [[1955]], pero non estivo exento de momentos de crises, sobre todo por mor das relacións extramaritais que Jung sostivo con [[Sabina Spielrein]] e [[Toni Wolff]]. Jung continuou publicando libros até o final da súa vida, incluíndo un traballo que mostra o seu interese póstumo nos [[OVNI]] como fenómeno psicolóxico de masas. Tamén gozou da breve pero frutífera amizade do Pai Victor White, sacerdote católico inglés con quen mantivo correspondencia trala publicación do controvertido estudo sobre o [[Libro de Job]] (intitulado Resposta a Job). Carl Gustav Jung morrería o 6 de xuño de 1961, tras unha curta enfermidade, na súa casa xunto ao [[lago de Zúric]], no apracible poboado de Küsnacht, Suíza, aos 86 anos de idade.
 
== Legado ==
=== Psicoloxía ''junguiana'' ===
[[Ficheiro:Mandala_gross.jpg|dereita|211px|miniatura|Mandala do buda Shakyamuni, pintura tibetana: esta clase de imaxes proceden, segundo Jung, dun modelo arquetípico común a todas as culturas.]]
Frecuentemente fálase de psicanálise ''junguiana'', pero a denominación máis correcta para referir esta teoría e a súa metodoloxía é ''Psicoloxía analítica ou dos complexos''. Aínda que Jung era reacio a fundar unha [[escola]] de [[psicoloxía]] —atribúeselle a frase: ''Grazas a deus, son Jung; non un junguiano''—, de feito, desenvolveu un estilo distintivo na forma de estudar o [[comportamento]] [[humano]]. Desde os seus primeiros anos, traballando nun hospital suízo con pacientes [[psicótico]]s, e colaborando con [[Sigmund Freud]] e a comunidade psicanalítica, puido apreciar de preto a complexidade das [[Enfermidade mental|enfermidades mentais]]. Fascinado por tales experiencias (e estimulado polas vicisitudes da súa vida persoal) dedicou a súa obra á exploración destas temáticas.
Liña 57:
O home accedería a esa dinámica inconsciente en virtude da experiencia [[Suxeito (filosofía)|subxectiva]] destes [[símbolo]]s, a cal é mediada profusamente polos soños, a arte, a relixión, os [[drama]]s psicolóxicos representados nas relacións interpersoais, e os propósitos íntimos. Jung sostiña a importancia de profundar no coñecemento desa linguaxe simbólica para consolidar a preeminencia da consciencia individual sobre as ''potencias'' inconscientes. En ton [[poesía|poético]], sostiña que este proceso de [[individuación]] (''principium individuationis'') só é viable cando se deu resposta á pregunta: ''Cal é o mito que ti vives?''. <ref>Jung, Carl Gustav. ''Símbolos de transformación'' (''xa citada''), páxina 17.</ref> Consideraba, por outra banda, que estes aspectos da vida anímica están relativamente marxinados do [[Crenza|sistema de crenzas]] da mentalidade [[modernidade|moderna]] [[occidental]].
 
=== Perspectiva ===
A nivel teórico, o comezo da separación de Jung respecto de Freud produciuse cando o primeiro extrapolou o concepto de [[libido]] máis aló das cuestións netamente sexuais. A noción de ''libido'' que empregaba o psiquiatra suízo, aludía máis ben a unha idea de enerxía psíquica ''en abstracto'', cuxa orixe e cuxo destino non eran exclusivamente sexuais. Jung foi prolífico en acuñar termos que xa son típicos en [[psicanálise]], e en [[psicoloxía]] en xeral, tales como: [[complexo]] (e máis especificamente: [[complexo de Electra]]), [[introversión]], [[extraversión]], [[inconsciente colectivo]], [[arquetipo]], [[individuación]].
 
Liña 64:
Como se mencionou, un concepto chave na súa obra é o de ''[[inconsciente colectivo]]'', ao que Jung consideraba constituído por [[arquetipo]]s. Exemplos destes arquetipos son a ''máscara'', a ''sombra'', a ''besta'', a ''bruxa'', o ''[[heroe]]'', o ''[[animus]]'' e o ''[[anima]]''. Tamén identificaba como arquetípicas certas imaxes en concreto, como as representacións do [[mandala]]. Para elaborar o seu concepto de arquetipo, Jung inspirouse na reiteración de motivos ou temas en diversas mitoloxías das máis remotas culturas: creu achar temas comúns inconscientes, que a humanidade reiterou apenas con lixeiras variantes, segundo as circunstancias.
 
=== Influencia ===
Criticouse a Jung pola súa presunta adhesión a un [[neolamarckismo]]. Moitas veces atribuíuselle a noción de que os [[arquetipo]]s foron caracteres adquiridos, que logo puideron herdarse, na liña de tese como as de [[Ivan Vladimirovich Michurin|Michurin]] e [[Trofim Lisenko|Lisenko]]. No entanto, o propio Jung enfatizou que tales interpretacións dos seus postulados eran incorrectas.
{{Estudo MBTI}}
Liña 96:
Ademais das súas importantes achegas á psicoloxía, a influencia de Jung estendeuse a outros campos en ocasións máis inesperados. Un exemplo é a súa indirecta colaboración na xénese da coñecida agrupación [[Alcólicos Anónimos]]. Un paciente seu, Rowland H., padecía alcolismo crónico, e cando todos os demais métodos fallaron, Jung comunicoulle que a súa recuperación era practicamente imposible a non ser que o enfocara desde un punto de vista centrado na espiritualidade e a experiencia mística. Rowland seguiu este consello e redescubriu o cristianismo evanxélico, difundindo trala súa recuperación devanditas ideas entre persoas aqueixadas de alcolismo, entre elas o que sería futuro co-fundador de Alcólicos Anónimos, [[Bill Wilson]].
 
=== Termos referenciados por Jung ===
{| border=1
|-----
Liña 147:
|}
 
== Obras completas ==
As obras completas de Jung publicáronse en alemán en 18 volumes co título de ''Gesammelte Werke'' entre [[1958]] e [[1981]].
 
== Notas ==
<references />
 
== Véxase tamén ==
{{Commons|Carl Gustav Jung}}
=== Bibliografía ===
* Alnaes, Karsten (2004), ''La verdadera historia de Sabina Spielrein'', Madrid: Editorial Siruela. ISBN 84-7844-820-9.
* Eliade, Mircea (1996), ''Herreros y alquimistas'', Madrid: Alianza.
Liña 178:
* Young-Eisendrath, Polly, y Dawson, Terence (1999/2003), ''Introducción a Jung'', Madrid: Akal Cambridge. ISBN 84-8323-048-8.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.sepanalitica.es Sociedad Española de Psicología Analítica (SEPA)]
* [http://www.fcgjung.com.es Fundación Carl Gustav Jung]
* [http://www.institutcgjungbcn.cat Institut Carl Gustav Jung de Barcelona (ICGJ)]
* [http://www.fundacion-jung.com.ar Fundación Carl Gustav Jung deda Arxentina]
* [http://www.centrojung.com.ar Centro Jung de Bos Aires]
* [http://www.psiconet.org/jung Web de Jung]