Bieito Cupeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
m de Arxentina -> da Arxentina; cambios estética
Liña 1:
'''Bieito Cupeiro Vázquez''', nado en [[Barallobre, Fene|Barallobre]] ([[Fene]]) o [[14 de febreiro]] de [[1914]] e finado en [[1993]], foi un mestre e escritor [[nacionalismo galego|nacionalista galego]] que formou parte dos galegos ilustres emigrados á [[Arxentina]] que traballaron en prol da cultura galega durante a [[Guerra Civil Española]] e o [[franquismo]].
 
== Traxectoria ==
Viviu en [[Barallobre, Fene|Barallobre]] ata os 22 anos, mais en [[1936]] emigrou para a [[Arxentina]], onde o seu pai residía dende había tempo. Botaba de menos a súa terra, sentindo unha forte [[morriña]] polo clima de [[galeguidade]] alí existente. En [[1941]], decidiuse por [[Buenos Aires]], onde xa se desenvolvía unha forte e intensa vida cultural. En [[1945]] comezou a vencellarse á [[Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales]], onde moi axiña pasou a integrar a Comisión de Cultura, que redactaba o periódico ''[[Galicia (revista da Federación de Sociedades Gallegas)|Galicia]]''. En [[1947]] coñeceu a [[Castelao]], integrándose no grupo da [[Irmandade Galega]] fundado polo guieiro.
 
Foi colaborador do periódico ''[[A Nosa Terra (Buenos Aires)|A Nosa Terra]]'' e mentor e asesor das [[Mocedades Galeguistas]], organización da que xurdiría [[Xosé Neira Vilas]]. Director da revista ''[[Orzán (revista)|Orzán]]'', tamén colaborou coa revista ''[[Vieiros (revista)|Vieiros]]'', editada en [[México]]. A súa verdadeira transcendencia acadouna como educador. En [[1979]], o [[Instituto da Cultura Galega]] organizou unha serie de cursos, onde durante toda a semana, e cun esforzo notábel, impartiu clases de [[Historia]], [[Xeografía]], [[Arte]], [[Lingua]]... a máis de duascentas persoas que día a día enchían os salóns. En [[1983]] foi substituído, mais en [[1985]] recomezou ese labor noutra entidade, o [[Fogar de Ribadumia]].
 
== Obra ==
Bieito Cupeiro deixou dúas obra publicadas, ámbalas dúas en [[Edicións do Castro]], ''[[Xornes (novela)|Xornes]]'' e ''[[A Galicia de Alén-Mar]]''. Na primeira delas recrea as súas vivencias nesta comarca mentres que na segunda reconstrúe a historia do [[Galeguismo (política)|galeguismo]] político na [[Arxentina]].
 
== O seu pensamento ==
A mediados de xullo de [[1991]], Bieito fixo unhas declaración dendedenda Arxentina a [[Radio Fene]]. Nesas declaración reflexiona sobre a galeguidade e o significado da emigración galega. Aquí quedan recollidos algúns anacos desa conversa:
 
* "O 25 de xullo sempre foi celebrado aquí na [[Arxentina]] cunha grande solemnidade e cunha grande devoción patriótica de tódolos galegos emigrados. Os festexos aquí duraban normalmente máis dunha semana, de maneira que había conferencias, actividades culturais, unha función no Teatro Colón...Participábamos nunha cantidade de cousas que, evidentemente, poñían de manifesto algúns dos aspectos máis importantes da nosa cultura galega e do fervor patriótico daqueles que tivémo-la desgraza de deixar esa terra fermosa, unha das terras máis bonitas do mundo, e afastarnos dela vivindo de suspiros e de [[saudade]] nunha terra afastada, pero sempre pensando en [[Galiza]], sempre co corazón posto na nosa patria."
 
* "A celebración do 25 de xullo para min significa a reafirmación categórica de que somos membros dun país diferenzado, un país cunha cantidade de virtudes (tamén con algún defecto naturalmente), pero cunha cantidade de virtudes esenciais. O feito de vivir lonxe da terra en contacto con outras colectividades, danos a nós, os galegos emigrados, a dimensión do noso valer. Nós, aquí na [[América]], na [[Arxentina]] e sobre todo nesta gran capital de Bois Aires loitamos, e triunfamos pero á beira doutras colectividades temos riscos moi destacados sobre todo no terreo societario. Somos a colectividade estranxeira que ten unha capacidade de asociación meirande de tódalas demais. Ningunha colectividade de aquí tivo nin ten aínda a capacidade asociativa que ten a colectividade galega."
 
* "Eu coido que ós veciños de Fene énchelles de satisfación comprobar que o labor que se fixo acá durante moitos anos por moitos patriotas que se esqueceron do seu propio interese persoal para dedica-los afáns a dinerar a [[Galicia]], a democratiza-la nosa terra e a conciencia-lo noso pobo deu os seus froitos. Éncheme, digo, de satisfacción ver que os veciños de [[Fene]] poden elixir libremente as autoridades que os han rexer. De maneira pois, que todo o esforzo realizado aquí, por tantos patriotas que ergueron a bandeira da democracia, da ceibe determinación do pobo galego, da liberdade e da elevación da cultura.
 
* "Éncheme, de satisfacción, comprobar que os veciños de Fene gozan desa franquicia, desa liberade, o que demostra que a semente caeu en boa terra e que aqueles que traballamos moito por [[Galicia]] atopamos que a colleita vai sendo boa e que hoxe os veciños de [[Fene]], supoño e estou case seguro de que é así, viven moito mellor do que viviamos nós cando no ano 1936, e antes do 36, en tantas épocas da nosa patria tivemos que emigrar. Por iso penso e sei, case seguro, que [[Fene]] é un concello de moito progreso e o feito de que os veciños leven elixindo varios anos, varios períodos ás mesmas autoridades significa que están ben gobernados."
 
* "Por iso é polo que lles digo ós meus veciños de [[Fene]], ós meus paisano de [[Fene]], que se preocupen das cousas públicas, que se preocupen do progreso de [[Galicia]], que sigan pensando na democracia, na liberdade, que sexan galegos porque ser galego é unha honra que non tódolos homes merecen. Por iso, meu amigo, eu ós veciños de [[Fene]] mándolles unha forte aperta, unha lembranza agarimosa e non teño outra cousa máis que dicirlles que sigan así, que sigan traballando polo Concello e por esa fermosa [[Galicia]] na que nos tocou en sorte nacer."
 
* "Así pois, para min e para tódolos emigrados, o [[Día de Galiza]] é a reafirmación categórica, a reafirmación plena de que os galegos seguiremos sendo galegos onde queira que nos atopemos. Vivimos xunguidos á nosa terra por un xeito de cordón umbilical que é a saudade e aínda que esteamos, como estou eu, a doce mil quilómetros de distancia, tódolos días eu percorro o meu Concello e tódolos días penso na miña terra porque o meu corazón, a miña alma, o meu sentimento e o meu espírito están aí, segue estando aí e estarán sempre alí."
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.galizacig.com/actualidade/200107/lp_bieito_cupeiro.htm Biografía de Bieito Cupeiro realizada por Lois Pérez Leira]
 
{{ORDENAR:Cupeiro Vazquez, Bieito}}
 
[[Categoría:Personalidades do ensino de Galicia]]
[[Categoría:Personalidades da política de Galicia]]