Lois Tobío Fernández: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m en Arxentina -> na Arxentina; cambios estética
Liña 18:
'''Lois Tobío Fernández''', nado en [[Viveiro]] o [[13 de xuño]] de [[1906]] e finado en [[Madrid]] o [[13 de marzo]] de [[2003]], foi un [[diplomacia|diplomático]], escritor e tradutor galego.
 
== Traxectoria ==
Por parte materna procedía dunha familia numerosa de clase alta de Viveiro, os Pardo Vaamonde, e por parte paterna dunha familia de clase alta de [[Pedrouzos, Brión, Brión|Pedrouzos]] ([[Brión]]). Era fillo de [[Lois Tobío Campos]] e bisneto de María Xosefa Martínez Viojo, tía paterna de [[Rosalía de Castro]]<ref>Tobío, Lois: ''As décadas de TL'', Ediciós do Castro, 1994, páxina 88</ref>, o que fixo que as dúas familias mantivesen unha certa relación. Logo de pasar a infancia en Viveiro, marchou a [[Santiago de Compostela]] coa súa familia para cursar o bacharelato, e posteriormente ingresou na [[Universidade de Santiago de Compostela|universidade]] para estudar Dereito.
 
Liña 27:
Pasou a vida entre Santiago, no curso, e Viveiro, onde botaba os veráns e fixo a catalogación da documentación municipal. En [[1927]], despois de obter o premio extraordinario de licenciatura, incorporouse como axudante de cátedra de [[Joaquín García Labella]], de dereito público. En [[1928]] fixo o servizo militar en [[artillería]] en Santiago.
 
En [[1929]] accedeu a unha bolsa para proseguir os seus estudos en [[Berlín]]. Chegou a [[Hamburgo]] o [[14 de novembro]] de [[1929]] no barco [[Alemaña|alemán]] ''Cap Arcona''. Estableceuse en Berlín, onde seguiu estudos de dereito e onde fixo amizade con [[Francisco Ayala]], [[Felipe Fernández Armesto]] e o lingüista [[Xosé Canedo]]. Foi anfitrión en Alemaña de [[Vicente Risco]] (experiencia que conta o ourensán en ''[[Mitteleuropa]]'') e aos poucos meses volceu a Galicia para incorporarse en outubro de [[1930]] como profesor auxiliar de [[dereito romano]] e [[historia do dereito]] na Universidade de Santiago.
 
=== A República ===
[[Ficheiro:Anteproyeito de Estatuto da Galiza, 1931.pdf|miniatura|''Anteproyeito de Estatuto da Galiza'' (1931), íntegro en [[pdf]].]]
Trala proclamación da [[Segunda República Española|República]] o [[14 de abril]] de [[1931]], a sección do seminario que coordinaba Tobío propuxo redactar un ''Anteproyeito de Estatuto da Galiza'', que deu pé ao ''[[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936]]''. O grupo de traballo formárono [[Alexandre Bóveda]], [[Ricardo Carvalho Calero]], [[Valentín Paz-Andrade]], [[Vicente Risco]] e o propio Tobío. Tobío e Carvalho foron os encargados de redactalo, e publicouse o [[6 de maio]] de [[1931]]. No inverno seguinte marcha a Madrid a preparar o doutoramento e coincidiu na capital española cos deputados [[Galeguismo (política)|galeguistas]] [[Castelao]], [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]] e [[Antón Villar Ponte|Villar Ponte]]. Precisamente o [[6 de decembro]] de [[1931]] cando se funda en [[Pontevedra]] o [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]]. Tobío non asistiu por estar en Madrid, pero ingresou axiña nel e pasou a ser membro do seu Consello Executivo.
 
En [[1932]], logo duns meses en Galicia, trasladouse a Madrid para preparar oposicións a inspector de traballo e á carreira diplomática, e aprobou estas segundas. Ingresou no [[diplomacia|corpo diplomático]] en febreiro de [[1933]] e realizou diversos cursos e viaxes por países europeos, ata que se incorporou en decembro como secretario na embaixada española en [[Bulgaria]].
 
=== Guerra Civil e exilio ===
Permaneceu nese posto ata pouco despois do [[Alzamento Nacional]], cando o embaixador pasou ao bando dos sublevados e Tobío, de feito, ocupou a titularidade da legación española. A comezos de [[1937]] foi nomeado cónsul en [[Montevideo]], pero antes de viaxar a [[Uruguai]] pedíronlle a súa incorporación ao [[Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación de España|ministerio do Estado]], naquel momento localizado xa co resto do goberno en [[Valencia]].
 
Dentro de Exteriores ocupou altos cargos de xestión no ministerio de [[José Giral]] (goberno de [[Juan Negrín López|Negrín]]), e foi encargado de realizar viaxes de inspección aos consulados de [[Francia]] e do norte de África. Durante a súa estadía en Valencia retomou o contacto con [[Castelao]], que estaba preparando a aprobación do [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto]]. En novembro de [[1937]] trasladouse a [[Barcelona]] canda o goberno republicano. Viaxou por Europa Oriental en misión oficial e ao regreso a Barcelona marchou vivir á [[Residencia de Estudiantes]], onde coñeceu a Carmen Soler, coa que despois casou. En maio de [[1938]] foi destinado a un cuartel de [[Granollers]] como instrutor de recrutas, e alí sufriu o bombardeo da cidade. En xullo incorporouse á [[fronte do Ebro]] como artilleiro, pero en outubro xa estaba de novo traballando como administrativo no [[Ministerio de Defensa de España|ministerio de Defensa]] en [[Barcelona]], posto co que participou na desmobilización das [[Brigadas Internacionais]]. En novembro regresou a Exteriores, daquela chamado ministerio de Estado, e o [[1 de decembro]] de 1938 foi nomeado secretario xeral do ministerio. Retomou contacto co ambiente galeguista de Barcelona, e tamén a súa relación con [[Carmen Soler]], interrompida polos destinos militares. En menos dun mes, o [[24 de xaneiro]] de [[1939]] [[matrimonio civil|casaron polo xulgado]] en Barcelona. Uns días despois o goberno encamiñouse a [[Figueres]] e ao [[exilio]]. En [[Perpiñán]] a parella logrou evitar os [[campo de concentración|campos de concentración]], viaxaron a [[París]] e posteriormente a [[Cherburgo]], onde embarcaron o [[18 de marzo]] de [[1939]] cara a [[Nova York]] a bordo do ''[[Queen Mary]]''.
 
=== O exilio ===
Despois dunha breve estadía en Nova York en compaña de Castelao, Tobío e mais a muller viaxaron a [[Cuba]]. Na Habana tomaron contacto con outros exiliados galegos [[Xosé Rubia Barcia]] e españois [[Manuel Altolaguirre]], pero tamén coa intelectualidade cubana como [[Alejo Carpentier]] ou [[Dulce María Loynaz]]. Na [[A Habana|Habana]] tentaron poñer en funcionamento un centro de ensino, pero un ano despois a escola non estaba aínda funcionando correctamente e decidiron marchar a [[Cidade de México|México]] en xaneiro de [[1940]]. Non conseguiron integrarse na sociedade mexicana e cinco meses despois, o [[30 de xuño]], embarcaron en [[Nova Orleáns]] cara a [[Montevideo]], pois Carmen Soler tiña a nacionalidade [[uruguai]]a.
 
Liña 47:
Tobío axiña contactou cos medios intelectuais da capital uruguaia, e tamén co exilio republicano e o [[exilio galego de 1936|exilio galeguista]]. Socio da [[Casa de Galicia de Montevideo|Casa de Galicia]], o centro máis importante de galegos do país, participou en numerosos actos, entre as que se contaron as visitas de Castelao en 1940, [[1944]] e 1945. Coa axuda de Tobío, presentouse o [[Consello de Galiza]] precisamente en [[Montevideo]], o [[30 de xuño]] de [[1945]], baixo a presidencia de Castelao. Tamén participou, en setembro de [[1950]] na primeira emisión radiofónica en galego, ''[[Sempre en Galicia]]'', que se emitía en [[Radio Carve]], unha das emisoras máis importantes de Montevideo; e máis tarde estivo na creación do [[Banco de Galicia]] de Uruguai.
 
O exilio de Montevideo mantíñase en contacto cos centros galegos de [[Bos Aires]], e Tobío mantivo unha intensa relación cos exiliados enna Arxentina e cos intelectuais galegos que facían viaxes pola emigración. Así, Tobío formou parte da na comisión organizadora do primeiro [[Congreso da Emigración]], celebrado na capital riopratense do [[21 de xullo|21]] ao [[31 de xullo]] de 1956, e foi tamén o encargado de xestionar a edición e impresión da ''[[Historia de Galiza (Otero Pedrayo)|Historia de Galiza]]'' de [[Ramón Otero Pedrayo]]. Paralelamente, proseguiu a súa integración na sociedade uruguaia, presidindo un club de [[equitación]] en Montevideo, e mais na súa empresa. Porén, dinámicas corporativas levaron a pechar a súa oficina e trasládano a España (primeiro a [[Barcelona]] en decembro de [[1962]] e logo a [[Madrid]] uns meses despois) encargado da tradución de documentación e publicidade da firma.
 
=== Regreso a España ===
A viaxe a España coincidiu cos seus últimos anos de vida profesional: unha década máis na empresa farmacéutica Roche e posteriormente, tres anos, entre 1973 e 1976, de novo dentro do ministerio de Exteriores, cando tivo que xubilarse da compañía suíza. A súa traxectoria intelectual aparece ligada aos vellos galeguistas de Madrid, nucleados ao redor de [[Borobó]], e ás súas investigacións sobre a figura do diplomático galego [[Diego Sarmiento de Acuña|o conde de Gondomar]]. Viaxou a miúdo a Galicia, tanto para visitar a amigos como para participar en actos e congresos, como simplemente de vacacións. Porén, a súa vivenda seguía establecida en Madrid. En 1986 faleceu a súa muller, e en 2003, el.
 
== Obras ==
=== Como tradutor ===
Malia que fixera algunhas colaboracións illadas, Tobío non comezou a dedicarse seriamente á tradución ata a súa estadía en Montevideo, para quen comeza traducindo do [[lingua inglesa|inglés]] ao [[lingua española|español]] ''The Life of Greece'', de [[Will Durant]]. Despois seguiu alternando a tradución de textos de ficción, como ''Narziss und Goldmund'', de [[Hermann Hesse]], coa tradución de textos [[ensaio (literatura) |ensaísticos]] [[filosofía|filosóficos]], [[política|políticos]] e [[economía|económicos]], coma do ''Staatslehre'', de [[Hermann Heller]], que publicara en [[1942]] o [[Fondo de Cultura Económica]].
 
Seguiu facendo traducións de novo logo da súa xubilación. Entre as obras desta segunda época cóntanse ''Die Vollendung des Königs Henri Quatre'' de [[Heinrich Mann]] ou o ''Peter Camenzind'', de Hesse, en [[1980]].
 
Ao galego traduciu:
* ''Os sonetos a Orfeu'', de [[Rainer Maria Rilke]], publicado en 1980 por [[Ediciós do Castro]].
* ''[[Nai Coraxe e mais os seus fillos]]'', de [[Bertold Brecht]]. Ediciós do Castro, [[1987]].
* ''[[Fausto]]'', de [[Goethe]]. [[Laiovento]], [[1996]].
 
Ademais, publicouse en [[2004]] unha colectánea de poesía inglesa e francesa vertida ao galego onde se inclúen algúns poemas traducidos por Tobío, a canda outros de [[Plácido Castro]] e [[Florencio Delgado Gurriarán]].
 
=== Propias ===
* ''As décadas de T.L.'', [[Ediciós do Castro]], [[1994]]. [[Autobiografía]].
* ''A nova vida'', Ediciós do Castro, [[2006]] (póstuma). Narrativa.
* ''Catro ensaios sobre o Conde de Gondomar'', Patronato Ramón Otero Pedrayo, [[1991]]
* ''Gondomar y los católicos ingleses'', Ediciós do Castro, [[1987]]
* ''Gondomar y su triunfo sobre Raleigh'', [[Editorial Bibliófilos Gallegos]], [[1974]]
* ''A intervención de Gondomar nos problemas internacionais da pesca'', Ediciós do Castro, [[1984]].
 
== Galardóns ==
* Pergamiño de honra e louvanza, da Fundación [[Pedrón de Ouro]] ([[1984]])
* [[Premio Trasalba]] ([[1991]])
Liña 80:
* Fillo adoptivo de [[Gondomar]], a título póstumo (2005).
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{ORDENAR:Tobio Fernandez, Lois}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]