Fernando Fernán Gómez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m typo
m en Arxentina -> na Arxentina
Liña 36:
 
== Biografía ==
Malia que a súa partida de nacemento indica que o fixo en [[Bos Aires]], segundo el mesmo comenta nas súas memorias<ref>Fernán Gómez, Fernando, ''El tiempo amarillo: memorias ampliadas (1921–1997)''. Editorial Debate, Barcelona, 1998. ISBN 84-8306-139-2, pp. 33–35.</ref> o máis probable é que nacese en Lima. A razón é que súa nai, a actriz de teatro [[Carola Fernán Gómez]], estaba de xira por [[Sudamérica]], e se ben naceu en Lima, a súa partida de nacemento foi expedida días despois enna Arxentina. Conservou esa nacionalidade ata que lle foi outorgada a española en 1984. Fillo extramarital, seu pai foi o tamén actor [[Luis Fernando Díaz de Mendoza y Guerrero]], fillo de [[María Guerrero]], que impediu o matrimonio entre os pais de Fernando Fernán-Gómez.<ref>[http://www.elpais.com/articulo/cultura/feroz/Maria/Guerrero/saga/familiar/comico/elpepucul/20071123elpepicul_4/Tes La feroz María Guerrero y la saga familiar del cómico], reportaxe do xornal ''[[El País]]'', 23 de novembro de 2007.</ref>
 
Tras algún traballo escolar como actor, estudou Filosofía e Letras na [[Universidade Central de Madrid|Madrid]], pero a súa verdadeira vocación levouno ó [[teatro]]. Durante a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]] recibiu clases na Escola de Actores da [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]], debutando como profesional en 1938 na compañía de [[Laura Pinillos]]. Alí descubriuno [[Enrique Jardiel Poncela]], que lle deu a súa primeira oportunidade ó ofrecerlle en 1940 un papel como actor de reparto na súa obra ''Los ladrones somos gente honrada''. Tres anos despois contratouno a produtora cinematográfica [[Cifesa]], irrompendo así no [[cine]] coa película ''Cristina Guzmán'', dirixida por [[Gonzalo Delgrás]]. Ó ano seguinte ofrecéronlle o seu primeiro papel protagonista en ''Empezó en boda'', de [[Raffaello Matarazzo]]. Malia a incursión no cine, non descoidou a súa vocación de autor de teatro e director de escena, e foi escritor e guionista asiduo da [[tertulia]] do [[Café Gijón]].
Liña 52:
Nos setenta Fernán Gómez convertiuse nun dos actores máis solicitados da chamada [[transición española]], con títulos dorados como ''El espíritu de la colmena'', ''El amor del capitán Brando'', ''Pim, pam, pum, fuego'', ''Mi hija Hildegart'', ''Los restos del naufragio'', ''Mamá cumple cien años'' ou ''¡Arriba Azaña!''. Iniciou así unha exitosa colaboración xunto ó notable director [[Jaime de Armiñán]], e unha tamén estreita relación profesional con [[Carlos Saura]], gañándose así un xusto prestixio como actor e director, ademais do recoñecemento pola súa xa longa traxectoria. En 1976 interviu nun título de indubidable valor, se ben non tivo éxito entre o gran público, como ''El anacoreta'', premiada no [[Festival de cine de Berlín]]. Tamén dirixiu e interpretou dúas exitosas series para TVE (''Juan soldado'' e sobre todo ''El pícaro'') que si triúnfan entre o gran público.<br />Trala morte de [[Francisco Franco|Franco]] e a legalización da [[CNT]], tivo unha militancia activa no Sindicato de Espéctaculos de Barcelona.
 
En 1981 protagonizou o memorable ''Maravillas'' de [[Manuel Gutiérrez Aragón|Gutiérrez Aragón]], e comezou a encadear éxitos de crítica e público (''La colmena'', ''Stico'', ''Los zancos'', ''Réquiem por un campesino español'', ''La corte del faraón'', ''La mitad del cielo'' e ''El viaje a ninguna parte''). Termina a década con excelentes traballos en películas non moi ben acollidas pero de calidade: ''Esquilache'' e ''El río que nos lleva''. En 1986 rodou enna Arxentina ''Pobre mariposa'', de [[Raúl de la Torre]], xunto a un reparto internacional con [[Bibi Andersson]], [[Vittorio Gassman]], [[Fernando Rey]] e [[Graciela Borges]]. Nesta década está moi activo nos seus traballos para TVE (''Ramón y Cajal'', ''Fortunata y Jacinta'', ''Las pícaras'' ou ''Cuentos imposibles'').
 
A década dos 90 presencia o inicio dun período de menor actividade profesional derivada dalgúns problemas de saúde e, seguramente, de falta de papeis de envergadura para un actor como el. Agás ''Belle Époque'' e o [[Oscar á mellor película estranxeira]] que consegue a cinta, non é ata 1998 cando volve aparecer en obras tan distintas como importantes (cada unha ó seu xeito) como son ''El abuelo'' (nominada ó Oscar e de gran éxito de taquilla) e ''Pepe Guindo'' (homenaxe-ficción ó gran actor por parte dun director infravalorado pero nada mediocre como [[Manuel Iborra]]). Entre medias, estivo varias tempadas na serie de TV ''Los ladrones van a la oficina'', que o devolvería a popularidad xunto a grandes nomes da interpretación como [[Agustín González]], [[Manuel Alexandre]] ou [[José Luis López Vázquez]]. Despois recupera folgos con tres grandes películas (''Todo sobre mi madre'', ''Plenilunio'' e o éxito popular ''[[A lingua das bolboretas]]'').