Bernardo Barreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
m en Arxentina -> na Arxentina; cambios estética
Liña 1:
'''Bernardo Barreiro de Vázquez Varela''' <ref>Asinaba como ''Bernardo Barreiro de W'', unindo neste dobre uve os apelidos Vázquez Varela.</ref>, nado en [[Santiago de Compostela]] o [[20 de xaneiro]] de [[1850]] e finado na [[A Coruña|Coruña]] o [[27 de novembro]] de [[1904]], foi un historiador, xornalista e poeta galego.
 
== Traxectoria ==
Foi arquiveiro da Deputación Provincial da Coruña (1881) e estudou os distintos arquivos galegos así como outros documentos relativos a Galicia conservados noutras bibliotecas, especialmente no [[Arquivo Xeral de Simancas|Arquivo de Simancas]]. Militante do Partido Republicano, foi secretario do Comité Revolucionario de Santiago de Compostela. Pola súa actividade política, exiliouse dúas veces enna Arxentina, onde redactou os estatutos do Centro Galego de Bos Aires e desempeñou o cargo de Presidente da Comisión de Instrución.
 
Os seus primeiros traballos apareceron en ''[[La Estrella Compostelana (1867)|La Estrella Compostelana]]'' e ''[[La Aurora de Galicia (1845)|La Aurora de Galicia]]''. Fundou e dirixiu o xornal ''[[La Revolución (1868)|La Revolución]]'' e a revista ''[[Galicia Diplomática]]'' (1882-1889), no que publica distintos traballos sobre a [[Inquisición española|Inquisición en Galicia]]. Tamén colaborou en ''[[El Heraldo Gallego (1874)|El Heraldo Gallego]]'', ''[[Gaceta de Galicia]]'', ''[[Revista Compostelana de Instrucción y Recreo]]'' e ''[[El Diario de Santiago]]''.
 
== Obras ==
=== Ensaio ===
* ''Las leyendas de María. Colección histórico-arqueológica de bellas artes, costumbres, antigüedades, tradiciones y santuarios de Galicia'' (Santiago de Compostela, 1872)
* ''Efemérides de Galicia'' (1877)
Liña 16:
* ''Una audiencia en el Tribunal del Santo Oficio de Santiago'' (Santiago, 1888)
 
=== Artigos ===
Os seguintes textos foron publicados na revista ''Galicia Diplomática'', que dirixía:
* ''Información sobre la entrada de los turcos en Cangas y el daño que hicieron (Ms. inédito perteneciente al Excmo. Ayuntamiento de Santiago). Memorial de muertos, cautivos, casas y haciendas que se quemaron y robaron'' (nº 7, 12, 29, 46 e 92, 1883).
Liña 25:
* ''Archivos secretos del Tribunal de la Inquisición de Galicia. Proceso contra el Alcaide Juan de Quiroga'' (nº 23, 1889).
 
=== Poesía ===
* ''O desterro (Camiño de Portugal)'', 1879.
 
=== Inéditos ===
Sábese que ó morrer tiña moi adiantados outros dous traballos: un estudo titulado ''Archivos secretos de la Inquisición de Galicia, León y Asturias. Historia diplomática de este Tribunal Apostólico desde su establecimiento hasta su abolición'', e unha novela titulada ''Los judíos de Ribadavia'', sobre os sucesos acaecidos nesta localidade entre 1606 e 1610 ó redor do xuízo a varios veciños, xudeus conversos, acusados de manter os seus rituais en segredo <ref>Desta novela publicáronse dous capítulos (Pontevedra, 1885).</ref>.
 
== Notas ==
{{listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Barreiro de W., Bernardo: ''Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el famoso libro de San Cipriano'', Toxosoutos, Noia 2008. Prólogo de Clodio González Pérez.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.culturagalega.org/albumdaemigracion/detalle.php?id=147 Biografía no Álbum da emigración]
 
{{ORDENAR:Barreiro de Vazquez Varela, Bernardo}}
 
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Personalidades da historiografía de Galicia]]