Ferrocarril: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m en Arxentina -> na Arxentina
Liña 1:
{{sen referencias|data=xullo de 2015}}
{{En progreso}}
[[Ficheiro:Tren a las nubes cruzando Viaducto la Polvorilla.jpg|miniatura|Ferrocarril enna [[Arxentina]].]]
O '''ferrocarril''', '''camiño de ferro''' ou '''ferrovía''' é o modo de transporte baseado na condución de vehículos por unha vía formada por dous carrís metálicos que se manteñen paralelos grazas a unha estrutura de travesas de madeira ou formigón que os fixan á plataforma pola que discorren. Orixinariamente os carrís foron de ferro, aínda que hai antecedentes de madeira, de aí o nome de ferrocarril, que atoparemos como ferro-carril nas antigas publicacións. A partir de 1870 os carrís foron construídos de aceiro.O termo inclúe tamén os [[tren]]s e as instalacións anexas. A eficacia do ferrocarril como modo de transporte está sometido ó compromiso de equilibrar o suposto ideal en canto a seguridade e mínimo consumo enerxético –a vía perfectamente recta cun desnivel 0–, pero máximo custe de construción, e a capacidade de adaptar o trazado ás características orográficas e o relevo do terreo polo que tal vía discorre ó mínimo custe económico e ambiental posible.