Indalecio Tizón Covelo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m en Arxentina -> na Arxentina; cambios estética
Liña 1:
'''Indalecio Tizón Covelo''', finado en [[Vigo]] o [[3 de xuño]] de [[2013]]<ref>[http://www.galiciaunica.es/indalecio-tizon-covelo/ INDALECIO TIZÓN COVELO]</ref>, foi un político galego.
 
== Traxectoria ==
Fillo de [[Indalecio Tizón Reboreda]]. Foi candidato a Cortes polo terzo familiar pola provincia de Pontevedra en [[1967]]. Emigrado enna [[Arxentina]], significouse na oposición exterior ao franquismo. Ao seu regreso instálase en [[Vigo]]. Membro da Xunta directiva da Federación Mundial de Sociedades Galegas, presidiu a comisión que organizou o Congreso da emigración galega celebrado en Vigo en xuño de [[1976]]. Ingresou no [[PSOE]] e foi Secretario de Relacións Políticas da Federación Galega en [[1978]]. Membro da executiva nacional galega do PSOE, foi candidato ao Senado pola [[provincia de Pontevedra]] nas [[Eleccións Xerais 1979 en España|eleccións de 1979]]. Membro da comisión redactora do [[Estatuto dos dezaseis]], o [[9 de xuño]] de [[1979]] foi nomeado conselleiro no Segundo Goberno da Preautonomía presidido por [[Xosé Quiroga Suárez]], cargo do que dimitiu o [[6 de decembro]]. Foi candidato á executiva no Congreso extraordinario dos socialista galegos celebrado en agosto de 1980<ref>[http://www.elpais.com/articulo/espana/GALICIA/ESPANA/UNION_DE_CENTRO_DEMOCRATICO/PARTIDO_SOCIALISTA_OBRERO_ESPANOL_/PSOE/congreso/socialistas/gallegos/reafirmara/oposicion/Estatuto/elpepiesp/19800810elpepinac_1/Tes El congreso de los socialistas gallegos reafirmará su oposición al Estatuto]</ref>. Abandonou o PSOE e integrouse no [[Partido Galeguista (1978)|Partido Galeguista]], sendo elixido Vicesecretario no III Congreso celebrado en decembro de [[1983]]. Cando en [[1984]] o Partido Galeguista decidiu integrarse en [[Coalición Galega]] Indalecio Tizón formou parte da súa comisión xestora. En [[1986]] foi candidato de Coalición Galega ao senado por Pontevedra.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{ORDENAR:Tizon Covelo, Indalecio}}
 
[[Categoría:Personalidades da política de Galicia]]
[[Categoría:Finados en 2013]]