Pirámide de poboación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
m de Arxentina -> da Arxentina
Liña 1:
[[Ficheiro:Argentina population pyramid 2005.png|miniatura|240px|Pirámide de poboación deda [[Arxentina]] [[2005]]]]
A '''pirámide de poboación''' consiste graficamente nun dobre [[histograma]] de frecuencias. As barras do dobre histograma dispóñense en forma horizontal, é dicir, sobre a liña das [[Coordenadas cartesianas|abscisas]], e convencionalmente indícanse os grupos de idade da poboación masculina á esquerda e os que representan a poboación feminina á dereita. Á súa vez, no eixo das ordenadas disponse e identifícanse os grupos de idade, polo xeral, de cinco en cinco anos (0 a 4, 5 a 9, 10 a 14 etc.), colocando as barras de menor idade na parte inferior do gráfico e aumentando progresivamente cara á cúspide as idades de cada intervalo. Cando existe unha información detallada (nacementos e defuncións anuais) podemos elaborar unha pirámide de poboación tamén con esa información detallada (barras de ano en ano). A [[Escala (xeometría)|escala]] das abscisas pode representar valores absolutos (é dicir, número de habitantes de cada grupo de idade e sexo) ou relativos, é dicir, porcentaxes de cada grupo de idade e sexo con relación á poboación total.