Rafael Franco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m de Arxentina -> da Arxentina; cambios estética
Liña 66:
'''Rafael Franco Reyes''', nado en [[Rosario, Santa Fe|Rosario]] o [[17 de xuño]] de [[1923]] e finado na [[A Coruña|Coruña]] en [[outubro]] de [[1997]], foi un [[futbolista]] e [[adestrador]] de fútbol [[Arxentina|arxentino]]. Xogaba de [[Posicións no fútbol|dianteiro]].
 
== Traxectoria ==
=== Xogador ===
Tras xogar en [[Newell’s Old Boys]], [[Club Atlético Chacarita Juniors|Chacarita Juniors]] e [[River Plate]] deda [[Arxentina]], o [[Club Nacional de Football|Nacional]] [[Uruguai|uruguaio]] e o [[Club Deportivo Marte|CD Marte]] [[México|mexicano]], é fichado polo [[Deportivo da Coruña]] en agosto de [[1948]]. Franco consegue o subcampionato de Liga co club coruñés na tempada 1949-50, con Scopelli e na campaña 1950-51 formaría parte da famosa "Orquestra Canaro". Tratábase dun gran especialista no lanzamento de penaltis, técnica que adopatara do seu compatriota [[Héctor Seoane]].
 
=== Adestrador ===
Foi adestrador da [[Selección de fútbol de Venezuela|selección venezolana]] en [[1962]], que xogaría o [[Copa do Mundo de Fútbol de 1962|Mundial de Chile]]. Tras crear unha escola de futbolistas e presidir a [[Asociación de Entrenadores de Venezuela]] volvería a [[España]] para adestrar ao [[Club Deportivo Ciudadela|Ciudadela]].
 
Na tempada [[Segunda división española 1971/72|1971–72]] foi contratado polo [[Racing de Ferrol|Club Ferrol]], en [[Segunda división española|Segunda División]], en substitución de [[Saturnino Grech]] na xornada 9ª, logo de tan só acadar 1 empate e 7 derrotas. Debutou con vitoria o [[14 de novembro]] de [[1971]] fronte ao [[Pontevedra CF]] (0–1). Ao final da campaña o equipo descendeu a [[Terceira División Española|Terceira División]], como 18º clasificado.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.bdfutbol.com/es/j/j10183.html Datos do xogador en bdfutbol.com] {{es}}
* [http://www.bdfutbol.com/es/l/l10183.html Datos do adestrador en bdfutbol.com] {{es}}
 
{{ORDENAR:Franco, Rafael}}