Confederación Suramericana de Fútbol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m de Arxentina| -> da Arxentina|
m de Arxentina -> da Arxentina
Liña 1:
A '''Confederación Suramericana de Fútbol''', en portugués '''Confederação Sul-Americana de Futebol''', ou coñecida tamén cos acrónimos '''CONMEBOL''' ou '''CSF''', é a confederación de asociacións nacionais de [[fútbol]] de [[América do Sur]] e unha das seis de carácter continental que compoñen a FIFA.
 
A CONMEBOL foi fundada en [[1916]] por iniciativa do uruguaio [[Héctor Rivadavia Gómez]] e composta nun primeiro momento polas asociacións nacionais deda [[Arxentina]], [[Chile]], [[Uruguai]] e [[Brasil]]. Posteriormente fóronse unindo as restantes federacións até sumar as dez actuais, que fan desta confederación a máis pequena da FIFA por número de integrantes. [[Paraguai]] uniuse en [[1921]], [[Perú]] en [[1925]], [[Bolivia]] en [[1926]], [[Ecuador]] en [[1927]], [[Colombia]] en [[1936]] e por último [[Venezuela]] en [[1952]]. Ademais, aínda que a [[Güiana]], o [[Suriname]] e a [[Güiana francesa]] pertenzan ao continente suramericano, debido a razóns históricas, culturais e deportivas decidiron unirse á [[CONCACAF]].
 
Xunto coa UEFA, a CONMEBOL é unha das confederacións dominantes na FIFA, tendo gañado nove dos dezaoito [[Mundiais de Fútbol]] da FIFA, a pesar de só ter organizado catro. Así mesmo é a única Confederación que foi quen de gañar un Mundial fora do seu propio continente (de feito, fixoo en todos os continentes nos que se leva disputado). Dentro da CONMEBOL destacan dúas seleccións por enriba das demais son Brasil, que é a selección que conta cun maior número de títulos mundiais, e a Arxentina. Estas dúas seleccións, ademais de acaparar títulos mundiais (cinco e dous respectivamente) e continentais (oito e catorce respectivamente), permanecen ano tras ano nos postos de cabeza dos rankings elaborados pola FIFA e os seus clubes acaparan éxitos a nivel continental e global. Outra selección que tamén ten destacado é a do Uruguai, sobre todo nos seus inicios con dous títulos e dous cuartos postos en mundiais, e catorce títulos da [[Copa América]]. A nivel de [[club]]es a Confederación tamén obtivo éxitos importantes acadando un total de vinte e dúas [[Copas Intercontinentais]].