Carlos Reutemann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m de Arxentina]] -> da Arxentina]]
m de Arxentina -> da Arxentina
Liña 21:
'''Carlos Alberto Reutemann''' (nado o 12 de abril de 1942), alcumado "Lole", é un expiloto [[Arxentina|arxentino]] de carreiras (que competiu en [[Fórmula Un]] de {{F1|1972}} a {{F1|1982}}).
 
Máis tarde dedicouse á política na súa provincia natal de [[Provincia de Santa Fe|Santa Fe]], polo [[Peronismo|Partido Xusticialista]], sendo gobernador da súa provincia por dúas veces, e senador deda [[Arxentina]].
 
Como piloto de carreiras de Fórmula Un, Reutemann foi un dos protagonistas principais entre 1972 e 1982. El conseguiu 12 vitorias en Grandes Premios e seis [[pole position]]s. En {{F1|1981}} terminou segundo no Campionato do Mundo de Pilotos por un punto, logo de ser superado na [[Gran Premio Caesars Palace de 1981|última carreira da tempada]]. Converteuse no segundo piloto de Fórmula Un logo de [[Leo Kinnunen]] en subir ao podio dunha carreira do [[World Rally Championship]], cando terminou terceiro nas edicións de 1980 e 1985 do [[Rally da Arxentina]]. Tamén foi durante tres décadas o único piloto de Fórmula Un en anotar puntos no campionato de F1 e no WRC, ata que [[Kimi Raikkonen]] quedou en oitavo lugar no [[Rally de Xordania de 2010]].<ref>{{cite web | title=Räikkönen teki suomalaista moottoriurheiluhistoriaa! | work=[[MTV3]] | url=http://www.mtv3.fi/urheilu/ralli/uutiset.shtml/arkistot/ralli/2010/04/1092971 | date=3 April 2010 | accessdate=3 April 2010 | language=Finnish}}</ref>