Persoa física: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 37 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q154954
m de Arxentina| -> da Arxentina|
Liña 12:
Segundo o sistema xurídico concreto, a personalidade pode ser determinada polo mero [[nacemento]] (''[[teoría da vitalidade]]''), ou ben o recén nacido debe cumprir unha serie de requisitos engadidos (''[[teoría da viabilidade]]'').
 
En [[Arxentina]] o [[Código Civil deda Arxentina|Código Civil]] recoñece a súa existencia desde o momento da concepción, chamando 'personas por nacer' ás que, concibidas, aínda non naceron. Se a persoa por nacer morre antes de estar completamente separada do seno materno, é considerado como se nunca existise.
 
O [[Código Civil Francés]], no artigo 725, e o de [[Código Civil de Austria|Austria]], capítulo 3, parte 2, esixen que o nacido sexa viable, de vida, é dicir, que non traia algún vicio polo que a súa morte se poida asegurar, ou que nacese antes de tempo. O fundamento do Código francés e dos códigos que o seguen é o seguinte: o fillo que nace antes dos seis meses da concepción, aínda que naza vivo, é incapaz de prolongar a súa existencia. O mesmo di do que nace cun vicio orgánico, tan demostrado que poida asegurarse a súa pronta morte; desde entón a este ser non se lle pode atribuír dereito algún, porque a capacidade de dereito depende non só do nacemento, senón da capacidade da vida, da viabilidade.