Diferenzas entre revisións de «Mundial de Fútbol de 2010 - Final»

m
de Arxentina| -> da Arxentina|
m (de Arxentina]] -> da Arxentina]])
m (de Arxentina| -> da Arxentina|)
Antes deste partido, os [[Selección de fútbol dos Países Baixos|Países Baixos]] e [[Selección de fútbol de España|España]] nunca se atoparan na fase final dun [[Copa do Mundo de Fútbol|Mundial]] ou dunha [[Eurocopa]], os dous grandes torneos internacionais con participación de equipos [[Europa|europeos]]. A nivel global os dous equipos enfrontáronse en nove ocasiones dende [[1920]], gañando catro veces cada un e empatando unha vez. Estes partidos correspondían xa sexa a amigables, eliminatorias de clasificación para a [[Eurocopa]] e un encontro durante os [[Xogos Olímpicos de 1920|Xogos Olímpicos de Atenas 1920]].
 
Antes da celebración desta final, ningún dos dous equipos gañara o título de o [[Copa do Mundo de Fútbol|Campión do Mundo]] anteriormente. Os [[Países Baixos]] foran subcampións dúas veces antes, perdendo 2-1 ante o [[Selección de fútbol de Alemaña|Alemaña Occidental]] en [[1974]], e 3-1 ante [[Selección de fútbol deda Arxentina|selección da Arxentina]] en [[1978]]. Con respecto a [[selección de fútbol de España|España]], antes desta cita o seu mellor posto nun mundial fora o cuarto, acadado en [[1950]], cando o campión se decidiu cunha liguiña de catro equipos, e os cuartos de final en [[1934]], [[1986]], [[1994]] e [[2002]]. Así, España, converteuse na duodécima selección diferente en un xogar unha final da Copa do Mundo, e o equipo novo dende [[Francia]] en [[1998]]. Despois do encontro, os [[Países Baixos]] xogaron a súa terceira final sen coñecer a vitoria, superando a marca que compartira con [[Hungría]] e [[Checoslovaquia]]. Con todo, en termos xerais de derrotas en finais, [[Alemaña]] é o líder con catro derrotas. Tamén destacar que despois do encontro, España converteuse na oitava selección en gañar o Mundial, uníndose a [[Selección de fútbol de Inglaterra|Inglaterra]] e a [[Selección de fútbol de Francia|Francia]], como equipos que a gañaron unha soa vez.
 
Antes do partido España tiña unha cualificación [[Sistema de puntuación Elo|Elo]] de 2111 puntos e os Países Baixos de 2100 puntos. Así, a combinación dos puntos dous finalistas acadaba 4.211 puntos, sendo o número máis alto acadado xamais nun partido de fútbol da historia, superando a marca anterior de 4.161 puntos combinados na final do [[Mundial de Fútbol Suíza 1954|Mundial de Suíza 1954]] entre [[Hungría]] e [[Alemaña Occidental]].
385.528

edicións