Lucioperca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 36:
[[Ficheiro:Whole Baked Zander.jpg|miniatura|Lucioperca ao forno servida nun restaurante húngaro.]]
 
A lucioperca é unha especie popular entre os pescadores en moitas partes de Europa. A miúdo cómese e é moi aprezado, ata o punto que nalgunhas partes de Europa central e oriental é considerado un dos peixes gastronomicamente máis valiosos. É aprezado pola súa carne terratenra, firme e clara, as súas poucas espiñas e delicado sabor. Nalgunhas rexións a solta de crías de lucioperca está restrinxida, xa que as poboacións naturais abondan para proveer suficientemente á pesca deportiva e comercial, o que evita que se disparen as poboacións deste gran depredador que tería efectos adversos sobre outros peixes.
 
Pode chegar aos 20 kg de peso, aínda que as capturas normais son considerablemente menores. Chega a ter unha lonxitude de 40–80 cm cunha lonxitude máxima de 120 cm. A lucioperca pode prosperar en augas con pouca visibilidade (a diferenza do lucio, que predomina en augas claras). A lucioperca necesita unha gran cantidade de oxíxeno.