Diferenzas entre revisións de «Especiación»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
O mantemento da variabilidade xenética é importante para a supervivencia das especies, xa que responde a unha variedade de forzas selectivas ambientais, dando lugar ó predominio de certos xenotipos en poboacións de diferentes áreas ou tipos de hábitat.
 
A variación xoga un papel central en moitas discusións sobre os mecanismos de especiación, especialmente na controversia referente ós modelos alopátrico e simpátrico. A principal diferenciadiferenza de opinión reside en se as poboacións necesitan, ou non, estar xeograficamente separadas ou illadas antes de que a diferenciación ocorra.
 
== Modelos de especiación ==
 
*'''Especiación alopátrica''' (noutra patria): É a especiación que resulta da aparición de barreiras reprodutoras entre poboacións xeograficamente separadas, ó evolucionar ditas poboacións independentemente e adaptárense ós seus novos contornos. Esta separación debe ser grande abondo, ou as barreiras naturais ([[accidente xeográfico|accidentes xeográficos]]) o bastante importantes, como para evitar calquera migración efectiva, posto que un único inmigrante por xeración pode impedir que as subpoboacións acaben diferenciándose en novas especies. Existen dous grandes patróns de especiación alopátrica, ambos modelos propostos por Ernst Mayr:
**'''Especiación vicariante:''' Prodúcese cando dúas poboacións diferentes se separan mediante barreiras orixinadas por cambios xeolóxicos ou climáticos que son impenetrables. Isto, provoca a fragmentación do [[Hábitat (ecoloxía)|hábitat]], o que impide o fluxo xenético e por tanto a acumulación de diferenciasdiferenzas tanto xenéticas como morfolóxicas. As poboacións tamén poden quedar divididas pola extinción de poboacións intermedias.
**'''Especiación peripátrica:''' Implica a separación dunha poboación menor de outra maior co fin, por exemplo, de colonizar novos hábitats. Co tempo lograrase unha diverxencia xenética e/ou morfolóxica que derivará nunha nova especie. Estes individuos dunha especie que migran a unha localidade distante onde non existen outros membros da súa especie e establecen unha nova poboación é o que se coñece como [[Efecto Fundador]].
*'''Especiación simpátrica''' (na mesma patria): Este tipo de especiación dáse entre especies estreitamente relacionadas que conviven na mesma área de distribución e que se van especializar en ocupar diferentes [[Nicho ecolóxico|nichos]] dentro do contorno no que viven. Deste xeito, acadan unha separación física e adaptativa suficiente para construír barreiras reprodutoras e chegar por tanto a constituir especies diferentes.
 
*Xeográficos ou Ecolóxicos: dúas especies con nichos ecolóxicos que non coinciden están reprodutivamente illadas. As poboacións viven nas mesmas rexións pero ocupan hábitats distintos.
*[[Etoloxía|Etolóxicos]]: entre os [[Animal|animais]], os individuos de distinto [[sexo]] realizan un cortexo ritual, en ocasións moi elaborado, que facilita o recoñecemento dos individuos da súa mesma especie e estimula o apareamento. DiferenciasDiferenzas mínimas no seu comportamento durante o cortexo poden conducir á falta de atracción entre os sexos.
*Mecánicos: relacionados coa diferenciadiferenza no tamaño ou na configuración dos xenitais, que poden impedir o apareamento e, polo tanto, a fecundación (xenitalia en animais e [[flor]]es en [[Vexetal|vexetais]]).
*Gaméticos ou Fisiolóxicos: os gametos, en particular os masculinos, poden ser destruídos antes da fecundación. Estes non sobreviven en tractos reprodutivos estraños. Nos vexetais é frecuente que os grans de pole non desenvolvan o tubo polínico sobre estigmas de flores doutra especie. No caso dos animais con fecundación externa, os gametos de especies diferentes non se atraen aínda que se atopen xuntos no medio. Tamén son frecuentes os cambios cromosómicos que producen esterilidade ou inviabilidade dos híbridos.
 
370.078

edicións