Mycobacterium: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 21:
[[Ficheiro:Mycobacterial cell wall diagram.png|miniatura|300px|[[Parede celular]] de micobacteria: 1-lípidos externos, 2-[[ácido micólico]], 3-[[polisacárido]]s ([[arabinogalactano]]), 4-[[peptidoglicano]], 5-[[membrana plasmática]], 6-[[lipoarabinomanano]] (LAM), 7-[[fosfatidilinositol manósido]], 8-esqueleto da parede celular.]]
 
As micobacterias son bacterias aeróbicas e inmóbiles (excepto a especie ''[[Mycobacterium marinum]]'', que é móbil dentro de [[macrófago]]s) que son cracteristicamente [[ácido resistente|ácido-alcohol resistentes]] (resisten a decoloración por ácidos durante a tinguidura).<ref name=Sherris /> En xeral, as micobacterias non conteñen [[endospora]]s e son consideradas xeralmente [[Gram positiva]]s. Porén, observouse esporulación en ''Mycobacterium marinum'' e talvez en ''M. bovis''.<ref>Ghosh, Jaydip, Pontus Larsson, Bhupender Singh, B M Fredrik Pettersson, Nurul M Islam, Sailendra Nath Sarkar, Santanu Dasgupta, y Leif A Kirsebom. 2009. Sporulation in mycobacteria. Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 106, no. 26 (Junio 30): 10781-10786. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/19541637</ref>, aínda que isto foi moi contestado por outros científicos.<ref>Traag BA, Driks A, Stragier P, Bitter W, Broussard G, Hatfull G, Chu F, Adams KN, Ramakrishnan L, Losick R.2010. Do mycobacteria produce endospores? Proc Natl Acad Sci U S A. 2010 Jan 12;107(2):878-81.</ref> Cómpre tamén facer algunhas precisións sobre a súa tinguidura de Gram, xa que desde un punto de vista empírico non parecen corresponder á categoría das Gram positivas (é dicir, en xeral, non reteñen ben o colorante [[cristal violeta]]), pero a pesar de todoe son clasificadas como bacterias Gram positivas ácido resistentes debido á súa falta de membrana externa na parede. Todas as especies de ''Mycobacterium'' comparten unha [[parede celular]] característica, de maior grosor ca a doutras bacterias, [[hidrofóbica]], cerosa, e rica en [[ácido micólico]]/micolatos. A parede celular consta dunha capa de micolatos hidrofóbicos e unha capa de [[peptidoglicano]] unidas polo [[polisacárido]], [[arabinogalactano]]. A parede celular fai unha contribución substancial á robustez das bacterias deste xénero. As [[ruta metabólica|rutas biosintéticas]] dos compoñentes da parede celular son dianas potenciais das novas drogas contra a tuberculose.<ref name= BhamidiS>{{Cita libro |author= Bhamidi S|year=2009|chapter=Mycobacterial Cell Wall Arabinogalactan|title=Bacterial Polysaccharides: Current Innovations and Future Trends|publisher=Caister Academic Press|isbn= 978-1-904455-45-5}}</ref> Moitas especies non parecen ter [[cápsula bacteriana|cápsula]] ou é moi difícil de ver coas técnicas de microscopía convencionais, pero nalgunhas, como ''M. tuberculosis'' está demostrada a presenza de cápsula.<ref>Daffé M, Etienne G. The capsule of Mycobacterium tuberculosis and its implications for pathogenicity. Tuber Lung Dis. 1999;79(3):153-69. PMID 10656114. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/10656114]</ref>
 
Moitas especies de ''Mycobacterium'' poden adaptarse rapidamente ao crecemento en substratos moi simples, utilizando [[amoníaco]] ou [[aminoácido]]s como fontes de nitróxeno, e [[glicerol]] como fonte de cabono en presenza de sales minerais. As súas temperaturas de crecemento óptimas varían amplamente segundo a especie e van desde 25&nbsp;°C a algo máis de 50&nbsp;°C.