Subida a Chantada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "miniatura|Tramo da proba na edición de 2012. A '''Subida a Chantada''' é unha proba automobilística que se disputa anualmente..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 17 de xullo de 2015 ás 17:20

A Subida a Chantada é unha proba automobilística que se disputa anualmente na ribeira sacra chantadina. Xeralmente celebrase o derradeiro fin de semana de xullo e está organizada pola Escudería Chantada. Puntúa para o Campionato de Galego de Montaña en en varias edicións tamén o fixo para Campionato de España de Montaña e o Campionato de Europa de Montaña.

Tramo da proba na edición de 2012.

Percorrido

A saída situase sobre unha ponte sobre o río Miño en Belesar, transcorre por un tramo da LU-617 e continua pola estrada LU-533 entre os viñedos finalizando preto da vila de Chantada. O tramo ten unha lonxitude de 4,1 quilómetros de distancia, un desnivel de 250 metros e unha pendente media do 7,5%.

Programa

A proba realizase en fin de semana, o sábado dende as 09.00 fanse as verificacións administrativas e técnicas. Ás 09.30 horas ábrese o parque pechado na Casa da Cultura. Ás 14.00 horas publícase a lista dos pilotos autorizados a tomar a saída e posteriormente faise a presentación dos pilotos. A saída da primeira manga é as 15.30.

O domingo ás 08.30 horas faise a presentación dos pilotos, e ás 09.30 horas comeza a saída da segunda manga. Pola tarde, ás 16.15 horas, publícanse os resultados e a continuación a faise a entrega de premios e trofeos. No 2015 este acto celebrase no novo Auditorio de Chantada.


Palmarés[1]

Ano Edición Piloto Automóbil
2014 41 Subida a Chantada José Antonio López Fombona Audi Quattro DTM
2013 40 Subida a Chantada Cesar Rodríguez T Castor TC3/C
2012 39 Subida a Chantada Antonio Varela Juan Osella PA 20/S
2011 38 Subida a Chantada Cristobal Serantes García Formula Ralt RT-34
2010 37 Subida a Chantada Cristobal Serantes García Formula Ralt RT-34
2009 36 Subida a Chantada José Antonio López Fombona Audi A4 ST
2008 35 Subida a Chantada José Antonio López Fombona Audi A4 ST

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas