Monte Faro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
m Corrección do nome
Liña 4:
 
== Romarías ==
Preto da cima nunha especie de chaira atópase o Santuario da Nosa Señora do Faro. Hai dúas [[Romaría da Nosa Señora do Faro|Romarías do Faro]], a primeira celébrase o día 15 de agosto e, a segunda e principal, o 8 de setembro. Consérvanse dúas imaxes da Virxe do Faro, unha permanece sempre no santuario e a outra na igrexa de [[Requeixo, Chantada|Requeixo]]. Segundo os veciños esta segunda virxe que ten o manto de Inmaculada de cor branco é "filla" da primeira. Esta sobe en procesión o día 7 a visitar a "nai" e o día 9 volve a baixar.
 
Ata o santuario achéganse veciños de toda a comarca movidos pola fe na Virxe de Faro. Os romeiros que se ofrecen soben de xeonllos por unha pendente chamada costa das cruces para pedirlle favores a Nosa Señora do Faro considerada unha das máis milagreiras<ref>http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2010/09/09/costa-da-devocion/471236.html</ref>. Tamén a tradición leva os devotos a non marchar sen levar ou beber auga da fonte milagreira.