Reino de Pamplona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Tradución da wikipedia en castelán
 
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Tradución da wikipedia en castelán
Liña 1:
[[Ficheiro:Reparto_del_reino_de_Navarra_tras_la_muerte_de_Sancho_IV_El_de_Peñalén.svg|250px|thumb|Mapa do reino]]
'''Reino de Pamplona''' é a denominación historiográfica, de acordo cos ''[[Annales Regni Francorum]]'', para referirse á entidade política creada no [[Pireneo]] occidental en torno á cidade de [[Pamplona]] nos primeiros séculos da [[Reconquista]], un de núcleos cristiáns xurdidos tras a conquista musulmá. A expresión seguiuse utilizando ata que [[Sancho VI de Navarra|Sancho VI]] cambiou o seu título de ''Pampilonensium Rex'' («Rei dos pamploneses») polo de ''Rex Navarrae'' (Rei de Navarra). Historiográficamente tamén se empregan as expresións '''Condado de Pamplona''' (durante a época dos reis navarro-aragoneses), '''Reino de Nájera''' (tras a conquista de [[Nájera]] e o reinado de [[García III de Navarra|García IV]]) e '''Reino de Pamplona-Nájera''' (mesma razón que o anterior).
 
== Historia ==
A ''civites'' [[Hispania romana|romana]] de ''Pompaelo'' fora a principal cidade do impreciso territorio atribuíble ao pobo dos [[vascóns]], ata a fundación de ''Victoriacum'' polos [[visigodos]] (581). Durante o último terzo do [[século VIII]], [[Carlomagno]], o rei dos francos, levou a cabo expedicións para crear unha marca fronteiriza meridional (a posteriormente denominada [[Marca Hispánica]]) fronte ao [[Emirato de Córdoba]], no territorio entre os [[Pireneos]] e o [[Ebro]]. Tras o fracaso inicial de tales intentos de expansión, na parte occidental dos Pireneos logrouse a creación dun condado a principios do [[século IX]], que subsistiría uns dez anos. A partir de entón, de novo baixo submisión ás autoridades cordobesas (xa coa denominación de [[Califato de Córdoba]]), organizouse cara a [[824]] o reino de Pamplona en torno ao considerado primeiro rei, [[Íñigo Arista]], co apoio dos seus aliados da familia [[muladí]] dos [[Banu Qasi]], señores de [[Tudela]], e do bispado de Pamplona.
 
O reino de Pamplona no [[século X]] rompeu con Córdoba e iniciou a súa expansión tanto militar como con alianzas seladas con matrimonios dos monarcas e nobres. Desta forma tiña lazos familiares moi próximos co veciño [[reino de León]]. A dinastía Íñiguez rematou con [[Fortún Garcés]] (870-905) quen (segundo a tradición, que o coñece como Fortún o Monxe) abdicou e retirouse ao [[mosteiro de Leyre]]. Foi substituída pola [[dinastía Ximena]], que comezou con [[Sancho Garcés I de Navarra|Sancho Garcés I]] (905-925) e cuxo reino é denominado tanto "Reino de Pamplona" coma "reino de Navarra". Sancho Garcés I e o seu fillo [[García Sánchez I de Pamplona|García Sánchez I]] desenvolveron un labor de repoboación e favorecemento das novas terras e dos mosteiros alí existentes. [[Sancho Garcés II de Pamplona|Sancho Garcés II]] e [[García Sánchez II de Pamplona|García Sánchez II o Temblón]] víronse obrigados a capitular ante [[Almanzor]] e a pagar tributos ao [[Califato de Córdoba]].
 
Con [[Sancho III de Navarra|Sancho III o Maior]] (1004-1035), o reino de Pamplona alcanza a súa maior extensión territorial, aínda que nunha gran proporción non estaba adscrita ao reino de Pamplona propiamente, abranguendo case todo o terzo norte peninsular. Antes de morrer (1035) dividiu os seus territorios entre os seus fillos: o seu primoxénito, García Sánchez, reinou en Pamplona e herdou algunhas terras en Aragón e Castela; Fernando obtivo gran parte do condado de Castela; Ramiro recibiu terras en Aragón e en Navarra, e Gonzalo no Sobrarbe e outros puntos distantes de Aragón. Desta repartición xorde a nova estrutura política do [[século XII]] cos reinos de [[Reino de Navarra|Navarra]], [[Reino de Aragón|Aragón]] e [[Reino de Castela|Castela]].
 
O reino de Pamplona incorporouse entre [[1076]] e [[1134]] aos territorios aragoneses, segregándose no reinado de [[García Ramírez de Pamplona|García Ramírez]]. No de [[Sancho VI de Navarra|Sancho VI o Sabio]] (1150-1194) pasa a chamarse '''[[Reino de Navarra]]'''.
 
== Véxase tamén ==
*[[Reino de Navarra]]
 
[[Categoría:Estados desaparecidos da Península Ibérica]]