Diferenzas entre revisións de «Volcán»

m
*Sudáfrica -> Suráfrica; cambios estética
(retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata)
m (*Sudáfrica -> Suráfrica; cambios estética)
{{1000}}
[[Ficheiro:destructive_plate_margin.png|miniatura|250px|Diagrama dunha borda destrutiva causando [[terremoto]]s e unha erupción volcanica]]
Un '''volcán''' é unha estrutura [[xeoloxía|xeolóxica]] pola cal emerxe [[magma]] (rocha fundida) e gases do interior dun planeta. O ascenso ocorre xeralmente en episodios de actividade violenta denominados '''[[erupción volcánica|erupciónerupcións]]s''', nas cales o volcán inxecta altas cantidades de poeira, [[gas]] e [[aerosol|aerosois]] na [[atmosfera terrestre|atmosfera]], podendo causar arrefriamento climático temporal.
 
Ao acumularse o material arrastrado do interior fórmase unha estrutura cónica en superficie que pode atinxir alturas dunhas centenas de metros ata varios quilómetros. Ao conduto que comunica o reservorio de magma ou '''cámara magmática''' en profundidade coa superficie denomínaselle '''cheminea'''. Esta termina na cima do edificio volcánico, o cal esta rematado por unha depresión ou [[cráter (volcán)|cráter]].
Os volcáns aliméntanse do magma a través de condutos denominados [[cheminea]]s. Estas tubaxes poden estenderse ata uns 200 km. de profundidade. Neste caso, as estruturas provén de mostras do [[manto]] que experimentaron moi poucas alteracións durante o seu ascenso.
 
As chemineas volcánicas mellor coñecidas son as [[SudáfricaSuráfrica|surafricanas]] que están cargadas de [[diamante]]s. As rochas que enchen estas chemineas orixináronse a profundidades de 150 km., onde a presión é o bastante elevada como para xerar diamantes e outros [[mineral|minerais]] de alta presión.
 
Debido a que os volcáns están sendo rebaixados constantemente pola [[erosión]] e a [[meteorización]]. Os [[Cono de cinzas|conos de cinzas]] son desgastados co tempo, pero non sucede o mesmo con outros volcáns. Conforme a erosión progresa, a rocha que ocupa a cheminea e que é máis resistente, pode permanecer de pé sobre o terreo circundante moito despois de que desapareza o cono que a contén. A estas estruturas chámaselles [[pitón volcánico]]. [[Shiprock]], en [[Novo México]], é un claro exemplo deste tipo de estruturas.
393.002

edicións