Eucalipto azul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m *Sudáfrica -> Suráfrica; cambios estética
Liña 75:
[[Ficheiro:Arquipélago de San Simón 2.JPG|260px|miniatura|Exemplares de eucalipto azul na [[illa de San Simón]], Redondela]]
[[Ficheiro:Marin Vista Xeral desde monte.jpg|250px|Vista xeral da [[illa de Tambo]] e os montes da ría de Pontevedra, reforestados con eucalipto azul e [[piñeiro do país]]|miniatura|esquerda]]
Esta afirmación, matizada nos últimos anos, acompaña ao eucalipto desde os primeiros momentos da súa introdución: Eladio Rodríguez escribía (1949) que "''Considéraselle útil por varios conceptos, pois polo seu rápido desenvolvemento deseca o terreo, contribúe a sandar as localidades pantanosas e crese que as emanacións das súas follas destrúen os xermes das febres palúdicas''". Tamén se consideraba, pola mesma razón, bo para curar o paludismo: Cuveiro escribía en 1876 que "''Se usa con buen resultado en las fiebres intermitentes <ref>Cos nomes de ''febres intermitentes'' ou ''tercianas'' designábase o paludismo ou malaria.</ref>. Fómrase unha infusion teiforme con catro das súas follas pecioladas ou dúas das sentadas, que se dá dous veces ao día aínda durante o acceso, xa que axiña disminúe a forza. O seu extracto recoméndase nas neuralxias''".
 
Opinións semellantes defendían tamén outros autores igualmente lonxanos ás posicións [[ecoloxismo|ecoloxistas]]. Font Quer escribía en 1961 que "''A introdución do eucalipto fíxose para sandar terreos baixos e pantanosos, morada das larvas dos mosquitos, e pensando que non só rematarían coas charcas e humedais senon tamén coas 'miasmas' do paludismo''", para concluír que "''saneou extensos territorios palúdicos do orbe enteiro''" (Font Quer, 398-399).
Liña 100:
Dende [[1990]], o eucalipto galego é vítima do ataque dun [[insecto]] defoliador, o [[gorgullo do eucalipto]] (''Gonipterus scutellatus''), que se estendeu rapidamente por tódalas plantacións ao non contar con inimigos naturais que controlasen a súa expansión. Dende [[1999]] combátese con éxito esta praga mediante a liberación controlada dunha pequena avespa, tamén natural de Australia, ''Anaphes nitens'', que actúa como parasitoide específico do gorgullo.
 
En [[Andalucía]] existe outros insectos que actúan como pragas do eucalipto. O ''Phorocanta semipunctata'' e ''P. recurva'', chamado taladro ou perforador do eucalipto [http://cisr.ucr.edu/eucalyptus_longhorned_borer.html], foi importado en Europa coas primeiras árbores xa no século XIX, se ben aínda non se detectou en Galicia a causa das condicións climatolóxicas galegas, que non permiten o seu desenvolvemento <ref>Naturalmente, tamén está presente noutros países onde se reforestou con eucaliptos, como Chile, Perú, Uruguai ou SudáfricaSuráfrica.</ref>. Neste caso, o dano prodúceo o desenvolvemento da larva que escava longas galerías baixo a cortiza da árbore e provoca que seque. A praga afecta normalmente a árbores con algún tipo de lesión ou que sofren longos períodos de seca, pero tamén se atopou en exemplares sanos e en troncos acabados de cortar.
 
Outra praga presente en España e Portugal, e ausente tamén en Galicia, é o ''Ctenarytaina eucalypti'' (''Rhinocola eucalypti''), cuxas ninfas se alimentan da saiba das follas. En Portugal tamén está presente o ''Melolontha'' sp., cuxas larvas aliméntanse das raíces da árbore.