Diferenzas entre revisións de «Atol Enewetak»

m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
 
[[Ficheiro:Enewetak or Eniwetok atoll.jpg|dereita|miniatura|300px|Vista aerea de Enewetak e Parry.]]
'''Enewetak''' (ou '''Eniwetok''') é un [[atol]] das [[Illas Marshall]] situado no [[Océano Pacífico]], componse de 40 illotes cuncunha área de 5´85 km² e unha lagoa interior de 80 [[quilómetro|km]] de circunferencia. En [[1999]] a poboación ascendía a 820 persoas.
 
Forma un distrito lexislativo da [[Cadea Ralik]] nas [[Illas Marshall]]. É o segundo atol máis occidental da cadea Ralik, e atópase 305 km. ao oeste de [[atol Bikini]]. O goberno de EE.UU. chamou ao atol "Eniwetok" ata 1974, cando cambiou a súa denominación oficial a "Enewetak" (xunto con moitos outros nomes locales das illas Marshall) para reflectir máis adecuadamente a súa pronunciación correcta.
== Historia ==
 
Os humanos habitaron o atol faihai polo menos 2.000 anos. Enewetak non era coñecido polos europeos ata que en 1974 a visitou a corveta mercante británica ''Walpole'', quen o chamou "Brown Range" (de aí o nome xaponés "Atol Brown"). Foi visitada por unha ducia de buques antes da creación da [[Alemaña | colonia alemá]] das [[Illas Marshall]] en 1885. Xunto co resto das Illas Marshall, Enewetak foi capturado pola [[Armada Imperial Xaponesa]] en 1914 durante a [[Primeira Guerra Mundial]]. Os xaponeses administraron a illa, pero a maioría dos asuntos locais deixaronos en mans dos líderes locais tradicionais ata o inicio da [[Segunda Guerra Mundial]].
 
Tras o final da [[Segunda Guerra Mundial]], Enewetak quedou baixo o control dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], como parte do [[Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico]] ata a independencia das Illas Marshall en 1986.
== Proba nuclear ==
Os residentes locais foron evacuados, forzosamente, e o atol foi utilizado para probas [[nucleares]]. Os corpos dos soldados estadounidenses mortos na Batalla de Enewetak e enterrados alí foron exhumados antes de que comezaroncomezasen as probas e regresaron aos Estados Unidos para volver ser enterrados polas súas familias. Ao redor do 43 probas nucleares foron realizadas en Enewetak desde 1948 ata 1958. A primeira proba da [[bomba de hidróxeno]], cuxo nome en código era [[Ivy Mike]], celebrouse a finais de 1952, e vaporizou o illote de [[Elugelab]]. Esta proba incluíu o uso de avións [[B-17 Flying Fortress]] para voar a través da [[choiva radioactiva|nube radioactiva]] co fin de analizar mostras a bordo.
 
Aos residentes locais permitíuselles regresar na década de 1970 e o 15 de maio de 1977, o goberno dos Estados Unidos ordeou aos militares a descontaminación das illas. Isto fíxose mediante a mestura da terra contaminada e dos residuos das distintas illas, con [[cemento Portland]] que enterrousese enterrou nun dos cráteres da explosión. O cráter atopábase no extremo norte de [[Runit]] {{Coordenadas|11|33|N|162|20|E}}, que é unha illa no lado esteleste do atol. Isto converteu o cráter nun montículo esférico de 25 m. de alto que cubríusese cubriu cunha grosa capa de cemento de 46 cm., chamado "Cactus Dome". O goberno dos Estados Unidos declarou ásas illas seguras para vivir en 1980.
 
En [[2000]], os habitantes de Enewetak foron indemnizados con 340 millóns de dólares en danos e prexuízos por perda de uso da terra, o desprazamento forzado e os problemas de de saúde entre a poboación. Esta indemnización non inclúe a suma anual de 6 millóns de dólares, que paga o goberno dos EE.UU. para a educación e a saúde nas Illas Marshall.
 
==Galería==
52.371

edicións