Harare: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 45:
 
== Clima ==
Harare goza de clima suave e saudábel. A media anual de temperaturas è de 17,95 °C, incluso pode considerarse baixa para os [[trópico]]s: débese a súa elevada altitude, próxima aos 1.500 msnm, e ao predominio de ventos frescos provenientes do sudestesueste. Hai tres estacións principais: unha cálida e húmida, entre novembro e abril; outra fresca e seca, desde maio a agosto; e outra cálida e seca entre setembro e outubro. A temperatura varía entre 7 °C e 20 °C en xullo (mes máis frío), entre 13 °C e 28 °C en outubro (mes máis quente) e entre 15,5 °C e 25 °C en xaneiro (metade do [[verán|estío]]). As temperaturas máis altas rexistradas son de [[1914]], cunha media de 19,73 °C, e as máis frías pertencen a 1965, con 17,13 °C. A media anual de precipitacións é de cerca de 825 mm na parte sulestesueste da cidade, e de 855 mm na parte alta no norlestenordés. No período entre maio e setembro a pluviosidade é moi baixa, pero breves períodos de choiva ocorren ao longo de todo o ano. A pluviosidade varía dun para outro ano, e mesmo se suceden ciclos de períodos secos e períodos húmidos dunha dura de 7 a 10 días. Os rexistros comezáron no mes de outubro de [[1890]], porén os datos das tres estacións meteorolóxicas de Harare iiniciaron a difusión dos datos en [[2004]].
 
== Galería fotográfica ==