Pamplona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 98:
 
== Linguas ==
Xunto ao [[Lingua castelá|castelán]], lingua principal que se fala na cidade, o [[Lingua éuscara|éuscaro]] ten unha presenza notable e histórica como queda patente, ademais de nos múltiples documentos históricos que a testemuñan, na gran cantidade de nomes euskéricos presentes na toponimia da cidade. Durante a [[Idade Moderna]] comezou un período de declive ata a súa case desaparición. Na actualidade, o seu coñecemento e uso están a aumentar. Segundo datos oficiais, un 20% da poboación coñécea, aínda que o seu uso na vida cotiá sexa bastante menor do que indica esta cifra.<ref>{{Cita Web
|url = http://www.pampiruna.com/euskera%20en%20pamplona.htm
|título = Euskera en Pamplona
|editor = pampiruña.com
|dataacceso = 16 de xuño de 2009
}}</ref>
 
Pamplona pertence á chamada Zona mixta segundo a [[Lei foral do éuscaro]] de 1986 (as outras dúas zonas definidas pola lei son a "Zona vascófona" e a "Zona no vascófona". Polo tanto, todos os impresos da administración, e tamén as rotulacións, deben estar nas dúas linguas oficiais da cidade, o [[Lingua castelá|castelán]] e o [[éuscaro]], aínda que non chega a ser así.