Artemisia Gentileschi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
| premios =
}}
'''Artemisia Lomi Gentileschi''', nada en [[Roma]] o [[8 de xullo]] de [[1597]], e finada en [[Nápoles]] contra o [[1654]]), foi unha [[Pintura|pintora]] caravaggista italiana coñecida como '''Artemisia'''. Filla do pintor [[Toscana|toscano]] [[Orazio Gentileschi]] (1563-1639) viviu na primeira metade do [[século XVII]]. [[Agostino Tassi]] foi o seu mestre de debuxo. O seu pai, seguidor do [[naturalismo]] tenebrista de [[Caravaggio]],<ref name=brugues>''Mujeres artistas de la historia'', Michelle Brugués Widner, dDONA, páxs. 76-77, abril-maig 2011, B-4987-2006 {{es}}</ref> cedeulle en herdanza o seu obradoiro,<ref name=brugues/> e influíuna cunha forte acentuación dramática, produto das obras de [[Caravaggio]] e cargada de efectos teatrais. Este elemento estilístico contribuíu á difusión do caravaggismo en Nápoles, cidade á cal se trasladou en [[1630]].
 
Artemisia era a súa propia axente e administradora da súa obra, na que predominan as [[muller|mulleres]]-[[arquetipo|símbolo]], com por exemplo [[Lucrecia (Roma)|Lucrecia]], [[Betsabé]], [[Judith]] ou [[Cleopatra VII|Cleopatra]], enfocadas dende un punto de vista feminino.<ref name=brugues/> Por exemplo, no seu cadro ''Susanna e os vellos'', un [[nudez na arte|nu]] que pintou con dezasete anos, non escolle como era habitual o intre do baño de Susanna, senón no que marcha arrepiada polas olladas luxuriosas dos vellos.<ref name=brugues/> Outro exemplo é a súa Judit en ''[[Judit e Holofernes]]'', nin nova, nin vulnerable ou feble, senón unha muller forte de mediana idade concentrada e que sabe o que fai, e que ademais é axudada por unha serventa cómplice.<ref name=brugues/> A súa experiencia vital tivo unha gran influencia na súa produción. Tivo predilección por temas que xa pintaban Caravaggio, [[Rembrandt]] e [[Peter Paul Rubens|Rubens]].<ref name=brugues/>