Alfred Russel Wallace: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Almaffi (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: engadir contido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Almaffi (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: ligazóns
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
En 1855 Wallace publicou un artigo titulado "On the law which has regulated the introduction of new species" onde defendía o feito da evolución, aínda que sen atribuírlle unha causa. Tres anos máis tarde, un novo artigo ("On the tendency of varieties to depart indefinitely from the original type") propuña a selección natural como o mecanismo explicativo da transmutación das especies. Wallace remitiu o artigo a [[Charles Darwin|Darwin]] para a súa revisión. Cando este o leu, atopouse co que cualificou como o mellor resumo imaxinable das ideas que el mesmo levaba xestando traballosamente desde facía máis de vinte anos. Tras consultar con [[Charles Lyell]] e o propio Wallace, Darwin realizou unha presentación pública ante a Linnean Society de [[Londres]], acreditando a Wallace como codescubridor.
 
Wallace naceu no seo dunha familia acomodada. Aínda que puido asistir a unha boa escola na infancia, de seguida tivo que traballar para axudar á súa familia. Inicialmente traballou coma supervisor topográfico, labor que lle permitía o contacto coa natureza. Iniciando así o seu interese pola botánica. Ademais completaba a súa formación por medio da lectura autodidacta.
Wallace foi un naturalista viaxeiro, como moitos na súa época, que acompañou por exemplo a [[Henry Walter Bates|Henry Bates]] á [[Amazonia]]. Henry Bates era un afecionado á [[entomoloxía]], e coñeceu a Wallace no 1844, cando se trasladara a [[Leicester]] para traballar coma profesor. Ambos viron a oportunidade de gañarse a vida mediante a venda de animais e prantas a institucións e coleccións privadas da época. Así no 1848 iniciaron o seu percorrido por [[Sudamerica]], percorrendo o [[Amazonas]] e o [[Río Negro]]. Simultaneamente comezaba as súas observacións e traballos coma naturalista.
Entre 1854 e 1862, época do achado da selección natural, viaxou por [[Insulindia]] (o [[arquipélago malaio]]) recollendo especimes. Wallace recolleu as súas experiencias no libro ''The Malay Archipelago''<ref>{{Cita libro
| nome = Alfred Russel