Roberto I de Escocia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado categorías
Servando2 (conversa | contribucións)
asdf
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Nobre escocés, era fillo do conde de Carrick, [[Roberto VII Bruce]], tataraneto do rei [[David I]] e, polo tanto, pretendente ao trono escocés. A diferenza do seu pai, foi rebelde á política de [[Eduardo I de Inglaterra]] de someter ao seu país, uníndose ás forzas independentistas de [[William Wallace]] contra os ingleses. Á morte do seu pai ([[1304]]) asumiu o título de Conde de Carrick co nome de Roberto VIII. Traizoado e executado Wallace en [[1305]], Roberto asumiu o mando das forzas escocesas.
 
En [[1306]], autoproclamouse rei de Escocia co nome de '''Roberto I'''. Ese mesmo ano as milicias escocesas foron derrotadas polas tropas inglesas, véndose Roberto obrigado a refuxiarse na [[illa de Rathling]] (na costa norte de [[Irlanda]]).
 
Un ano despois morre Eduardo I e subindosobe ao trono o seu feble fillo, [[Eduardo II]]. Contando con este factor e co apoio dos habitantes das [[Highlands]] de Escocia, Roberto regresou e comezou unha verdadeira guerra de guerrillas contra os destacamentos ingleses, reconquistando en poucos anos casocase todo o territorio escocés.
 
Finalmente presentou batalla en campo aberto contra o exército inglés de Eduardo II na [[batalla de Bannockburn]] en [[1314]], onde oso derrotou.
 
Puxo punto final ao conflito anglo-escocés mediante a tregua de [[1327]], sendo recoñecido polos ingleses como rei de maneira formal polo [[tratado de Northampton]] de [[1328]], un ano antes da súa morte, causada pola [[lepra]]. Casado en primeiras nupcias con Isabella de la Mar tivo unha filla: María, casada con [[Walter Estuardo]], 6o [[Alto Administrador de Escocia]]. Ambos foron pais do futuro rei [[Roberto II de Escocia]]. Casado en segundas nupcias con [[Isabel de Burgh]], tivo un fillo, o cal sería o seu sucesor: David.
 
Esta convulsa época da historia escocesa foi a orixe dunha película de gran fama no seu momento, ''[[Braveheart]]''.