Calliphora vicina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 47:
== Estimación do intervalo post mortem ==
 
Unha das características clave depara poder usar estas moscas para facer estimacións dos intervalos post mortem é saber a sucesión de insectos que colonizan o corpo. Baseándose nos insectos presentes nun momento, pode establecerse un marco temporal razoable para o momento da morte.<ref name="entodeath"/> ''C. vicina'' ten o seu papel nesta sucesión de insectos sobre os cadáveres.
 
''C. vicina'' xoga un papel principal na colonización dos corpos durante os meses de inverno, pero é menor a súa presenza durante os meses máis cálidos cando a temperatura é unha limitación menor. Esta mosca ten un limiar inferior menor de temperaturas para a actividade de voo que outras moscas da carne, o que lle permite unha permanencia maior durante os períodos máis fríos. Este período de actividade debe considerarse cando se avalía a presenza ou ausencia desta mosca.<ref name="estimation"/>
 
Cando se usa a idade dosdas [[maggots]]careixas para determinar o intervalo post mortem, o tempo antes da chegada dos adultos ao corpo é un factor importante. A sucesión de ''C. vicina'' implica a chegada dos adultos dous días antes da morte. Por tanto, deben engadirse dous días á idade máxima que foi determinada polas moscas atopadas sobre o corpo.<ref>Lang MD, Allen GR, Horton BJ. ''Blowfly succession from possum (Trichosurus vulpecula) carrion in a sheep-farming zone.'' Med Vet Entomol. 2006 Dec;20(4):445-52.</ref>
 
== Comportamento ==