Calliphora vicina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 40:
''C. vicina'' produce cinco xeracións nun ano a unha temperatura limiar de 27˚ C. Unha femia de ''C. vicina'' pode poñer ata 300 ovos sobre cadáveres ou carroña frescos ou en feridas abertas. As [[larva]]s pasan por tres estadios de [[instar]]. O primeiro instar eclosiona aproximadamente 24 horas despois de que se pon o ovo. Pasa a un segundo instar en 20 horas e ao seu terceiro instar en 48 horas. En condicións favorables, as larvas aliméntanse de carne durante tres ou catro días. Cando as larvas completan o seu desenvolvemento, dispérsanse para atopar un lugar axeitado para pupar. O estadio de pupa de ''C. vicina'' dura uns 11 días. A 27˚ C, o ciclo vital de ''C. vicina'' dura uns 18 días.<ref>[http://www.brazoria-county.com/sheriff/id/bugs/blowfly_lifecycle.htm BCSO Identification - Entomology - Blowfly Life Cycle]</ref>
 
Os factores climáticos, como a temperatura, inflúen na posta de ovos e no desenvolvemento dos instar larvarios. Con tempo máis cálido o ciclo de vida acúrtase algo, e con temperaturas máis frías o ciclo dura un pouco máis. Saber a duración do intervalo entre os tres instar e o estadio de pupa e a dispersión larvaria posterior á fase de alimentación pode ser útil para determinar o [[intervalo post mortem]] nun caso de investigación criminal.<ref>{{cite journal| last = Gomes| first = L|author2=Godoy WAC |author3=Zuben CJV | title = A Review of Postfeeding Larval Disposal: implications for forensic entomology| journal = Naturwissenschaften| volume = 93| issue = 5| pages = 207–215| year = 2006| doi = 10.1007/s00114-006-0082-5| pmid = 16538375}}</ref>
 
== Distribución ==