Dalia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Ornamentais" pola categoría "Plantas ornamentais"; cambios estética
Castelao (conversa | contribucións)
m "Situar" ou "colocar" ou "localizar" en lugar de "ubicar"
Liña 30:
A mayoría das dalias son plantas herbáceas ou arbustivas, ás veces [[Epífito|epífitas]] ou [[Planta rubideira|rubideiras]]. As herbáceas son anuais, pois a súa follaxe desaparece no inverno, mais as súas [[Raíz tuberosa|raíces tuberosas]] fican soterradas, de onde agroman novas planta na seguinte estación de choivas. As arbustivas son perennes e polo xeral teñen raíces tuberosas moi desenvolvidas. Os [[talo]]s son ocos (de aí o nome en náhuatl “Acocoxóchitl”) ou compactos e, as [[folla]]s son opostas ou verticiladas (orixínanse arredor dun mesmo punto e se distribúen en diferentes direccións), simples a tres veces compostas. A follaxe varía entre láminas enteiras e láminas divididas.
 
As flores están formadas de varias estruturas (compostas) que en conxunto se denominan ''cabeciñas'': [[Flor ligulada|flores liguladas]] (en forma de lingua) ubicadassituadas ao exterior, cuxa aparencia é semellante á dun [[pétalo]] (brancas, moradas, amarelas ou vermellas); e as [[Flor tubulosa|tubulares]] ou flores de disco (amarelas ou moradas), que se asemellan a un prato, ambas as dúas fican dispostas sobre unha base común chamada receptáculo. <ref>(Calderón y Rzedowski,2001).</ref> En conxunto forman o [[capítulo (botánica)|capítulo]]. Na actualidade, as dalias chamadas duplas incrementaron o número e tamaño de flores liguladas. Os [[froito]]s son secos, dunha soa semente e [[indehiscente]]m, [[aquenio]]s de forma oval lanceolada. As follas semellan ser máis diversas entre as especies cás mesmas flores.
 
== Historia ==