Abellón (macho da abella): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 36:
 
[[Ficheiro:Bienen 35b-Detail.jpg|250px|miniatura|Abellóns e obreiras]]
Repartir [[Néctar (botánica)|néctar]]: os abellóns realizan a ''[[trofalaxe]]'', que é a conduta de repartir alimento entre as obreiras, provendo alimento ata a 50 obreiras. O néctar, con gran porcentaxe de auga, debe pasar varias veces polo buche das obreiras para chegar a ser mel, desta forma, os abáboros contribúen á elaboración do mel.
 
Os abellóns son facilmente recoñecibles por varias características: os seus grandes ollos que se tocan se os observamos desde a parte superior, maior tamaño, abdome rectangular longo e robusto e un voo ruidoso. Nas fotografías é posible comparar o tamaño dos ollos dun abáboro e unha obreira. Os seus ollos ao ser grandes permítenlle ter un amplo campo de visión; é sen dúbida a caste que mellor ve, xa que deben poder localizar as femias virxes no voo de apareamento. Teñen a lingua moi curta, o cal lles impide libar o néctar, por iso son alimentados polas obreiras. Non teñen [[corbícula]] no terceiro par de patas como as obreiras, o que lles impide o transporte de pole ou propóleo. Ao non posuíren glándulas odoríferas poden entrar a calquera colmea, xa que as abellas obreiras encargadas da vixilancia da colmea non poden identificalos como membros da colonia ou elementos espúreos. Non teñen aguillón.