Política do Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 14:
O '''Goberno ou Gabinete''' mantén na súa orixe a condición de ''Consello Privado'' do monarca de carácter consultivo, aínda que na práctica cumpre a [[poder executivo|función executiva e a dirección administrativa]]. Está dirixido por un [[Primeiro Ministro]] nomeado polo monarca que debe contar co apoio da maioría da [[Cámara dos Comúns]] e un número variable de [[Ministro (goberno)|ministro]]s elixidos polo anterior.
 
O [[Parlamento]] baséase nun sistema [[bicameral]] coa [[Cámara dos Comúns]] e a [[Cámara dos Lores]]. A primeira, composta por 659 membros, é elixida por [[sufraxio universal]] libre, igual, directo e segredo de todos os cidadáns maiores de idade por un sistema maioritario en circunscricións nas que se elixe ao candidato máis votado. Cumpre as funcións propias da [[Cámara Baixa]] en calquera sistema parlamentario democrático mediante o control do goberno e a [[poder lexislativo|aprobación das leis]]. A Cámara dos Lores está composta por aproximadamente un milleiro de membros, tendo un carácter vitalicio e que son elixidos polo monarca, outros teñen carácter herditario e para rematar os eclesiáticos (24 [[bispo]]s e os [[arcebispo]]s de Canterbury e de York). As súas funcións son semellantes ás dunha [[Cámara Alta]] agás nas cuestións xudiciais o seu poder está moi mermadominguado, existindo un proxecto aprobado pero en suspenso dende [[2001]] para converter a cámara nun mero órgano consultivo.
 
==Véxase tamén==